21 de enero de 2013

ALMORZOS SAUDABLES

O pasado 16 de xaneiro os nenos e nenas de Educación Infantil xunto cos de Educación Primaria tiveron a oportunidade de participar na actividade que promociona a Consellería de Sanidade e que leva por título "Almorzos Saudables". Primeiro asistimos a unha pequena charla e despois almorzamos un montón de alimentos sans e equilibrados que nos encheron de enerxía para o resto da mañá. Que rico estaba todo!!! Mmmm!!!!

15 de enero de 2013

VISITAMOS A COCIÑA

Como xa sabedes, todos os meses facemos un taller de cociña, e facemos un montón de receitas. Con tal motivo estivemos facéndolle unha visita ás cociñeiras e estivéronnos ensinando todo o que empregan para facer uns menús riquísimos. Despois aproveitamos e estivemos traballando nós tamén na cociña, aprendendo cousas sobre os menús saudables e a súa elaboración.

10 de enero de 2013

UN AGASALLO XENIAL

Á volta das vacacións de Nadal tivemos un agasallo moi especial...pensamos que os Reis Magos pasaron polo cole e nos deixaron un recordo no patio. Estamos moi emocionados de que eso ocurrise, ainda que...a rede do patio quedou algo descolocada e os nen@s de infantil pensan que igual algún camelo estivo xogando mentres os Reis facían maxia!!!!!



A que é chulísimo????

ADEUS NADAL

Xa estamos de volta no cole despois do Nadal. Todos os nen@s viñeron moi contentos desexando ver os seus amigos e contar todas as cousiñas que lle deixaron os Reis Magos, PapáNoel e o Apalpador nas súas casiñas.
Por certo que antes das vacacións os Reis Magos viñeron ó cole a recoller as cartas...así non me extraña que houbera tantos agasallos!!!




Tamén participamos no Festival de Nadal do cole e esperamos que a nosa actuación lle gustase a todo o mundo...xa sabedes que somos pequenos e nos da moito traballiño facelo ben... pero nós intentámolo e ademáis encántanos participar cos outros nen@s e nenas do cole...
Estivemos atentísimos nas outras actuacións e pasámolo xenial no escenario!!!