17 de diciembre de 2013

CELEBRAMOS OS CUMPLEANOS DOS NEN@S DO MES DE NOVEMBRO


O pasado día 29 de Novembro tivemos unha festa para celebrar o cumpleanos de dous dos nosos compañeir@s.

Este mes U. cumpliu 3 anos e A. cumpliu 4 anos.Para celebralo fixemos unha empanada de mazá que nos saíu riquisiiima e non deixamos nadiñaaa!!Moitas felicidadesss para os dous!  Para o que vexades aqui tedes unhas fotos:





15 de noviembre de 2013

E,... SABEDES QUE FOI A 

GAÑADORA DO CONCURSO

DE CABAZAS?

TACHAN......TACHAN....


CELEBRAMOS O MAGOSTO!!!

Outro ano máis esperabamos ansiosos a chegada desta festa do.... MAGOSTOOO!!!
Para este día tiñamos preparados un montón de xogos e sorpresas!! Estabamos moi contentos xa que os nen@s maoires do cole preparaban os xogos.. 





Xa pola tarde tomamos un chocolatiño que os cociñeiros do cole nos prepararon..que rico...e  estivemos vendo a cacharela que fixemos para asar as castañas...canto nos gustaron!!ñammmmm


13 de noviembre de 2013

HAPPY  HALLOWEEN !!!

  Ja,ja,ja......................


Visitamos a biblioteca de infantil e daba moito medo

A teacher Raquel ensinounos moitos xogos e cancións en inglés, porque en América celebran o Halloween




8 de noviembre de 2013

CHEGOU O SAMAÍN !

Xa chegou o tempo de decorar as cabazas!


Celebramos os aniversarios do mes de outubro

Neste mes cumpriron anos:

E.cumpriu 5 anos e I. O. tamén cumpriu 5. Que maiores son xa!


O .e A. sopraron as candeíñas do seu cuarto aniversario


Moitos  parabéns !



5 de noviembre de 2013

Outro obradoiro de cociña



Esta vez elaboramos unha receita moi sinxela. Fixemos volovans recheos de nata e con froitos : mazá, mandarina, platano e kiwi..... Saborosísimo.

25 de octubre de 2013

Brittany visitou os nen@s de infantil

N



Neste curso tamén temos auxiliar de conversa en inglés para os nenos-as de infantil. Chámase Brittany e ven dende Chicago….OH !!!. Brittany díxonos que nos vai deixar un video (pica aqui) para que coñezades un pouco a cidade onde ela vive.

14 de octubre de 2013

Cumpleanos

Celebramos os cumpleanos

Despois de facer a tarta, puxemoslle a candelas para que os nenos as sopraran.

M, H e L, cumpliron 5 anos...!Que maiores!
R, cumpliu 4 anos, estaba moi guapo coa súa coroa


Obradoiro de cociña

Obradoiro de cociña

O pasado día 4 de Outubro fixemos un obradoiro de cociña con todos os nenos de infantil. Elaboramos unha tarta con galletas e chocolate na que  participaron e todos colaboraron. Tamén na decoración.

27 de septiembre de 2013

O EQUIPO DE CICLO

Como o curso xa vai comezando a rodar, aproveitamos para presentarvos ó equipo de ciclo de Educación Infantil.
Titora 3 anos.- Lola Rodríguez Márquez
Titora 4 anos.- Laura Pérez Seara
Titora 5 anos.- Begoña Conde Rodríguez
Mestra de Apoio.- Nuria González Cibeira
Coordinadora do Equipo de Ciclo.- Raquel Pérez Fernández (Especialista en lingua estranxeira)

Aqui vos deixamos unha foto das titoras de Educación Infantil coa súa profe de apoio
(De esquerda a dereita: Lola, Laura, Begoña e Nuria)

COMEZOU O CURSO

Ola a tod@s nosos seguidor@s!!! Xa levamos uns días no cole, este ano en Educación Infantil somos moitos peques co que estamos moi contentos por que así somos máis para xogar!!! Imos a ensinarvos os nosos grupos para que nos vaiades coñecendo por que nos ides ver moito por aqui. Saudiños e ata pronto!

Dende arriba ata abaixo, a profe Lola cos alumnos e alumnas de 3 anos, Laura cos nenos e nenas da aula de 4 anos e Begoña cos maiores do ciclo, de 5 anos.

3 de septiembre de 2013

VOLTA Ó COLE

Ola a tod@s!!!
Aqui estamos outra vez con forzas renovadas e preparando todo para a volta ó cole dos máis peques.
Xa estamos preparando as aulas e os materiais que empregaremos este curso e co que seguro disfrutaremos un montón este ano...que nervios!!!
O inicio do curso escolar para os peques de Educación Infantil será o día 11 de setembro.
Os pais e nais dos alumn@s de tres anos terán  unha reunión coa súa titora o día 9 de setembro para irse coñecendo mellor. Os de 4 e 5 anos xa nos vemos o día 11 nas nosas aulas pois...xa somos vellos coñecidos!!!E os que veñan por primeira vez o noso cole...tranquilos...estamos encantados de recibirvos!!!
Este ano temos un novo "plan" para o noso blogue asi que... esperamos actualizalo moi a miúdo... non podedes perdervos as nosas novas!!!
Biquiños a tod@s e recordade que se achega...



30 de abril de 2013

COCIÑANDO EN ABRIL

A semana pasada estivemos celebrando os cumpleanos de J.C e de C, que cumpliron 5anos. Para elo fixemos uns bombóns que estaban moi ricos e dos que non quedou nin a proba...
Se vos tamén queredes facelos tomade nota.

INGREDIENTES
Chocolate para fundir
Mantequilla ou margarina
Cereais de arroz inflado
Cápsulas para bombóns ou magdalenas

ELABORACIÓN
Fundimos unha cullerada de manteiga e algo máis de media tableta de chocolate no microondas durante dous minutos e medio a máxima potencia.
Despois engadimos dous puñados de  cereais e remexemos todo para colocalo nas càpsulas de papel.
A neveira un par de horas e..."a lambetear".



8 de abril de 2013

EL VIAJE DE ALLIKAY

Hoxe estiveron con nós uns voluntarios da Cruz Vermella, que coma sempre, nos informaron dun montón de cousas das que as veces non somos moi conscientes.
Esta vez estiveronnos falando dun proxecto que se chama "El Viaje de Allikay"  y que podedes coñecer pinchando aquí.
Estivemos moi atentos a todas as explicacións e gustounos saber que temos moita sorte no lugar onde vivimos, por que hai outros nenos e nenas que non teñen tanta, e polos que podemos facer moitas cousas.
Está ben que de vez en cando fagamos ós nosos pequechos ser conscientes do mundo que lles rodea e explicarlles que para outros non é tan facil abrir a billa e beber ou coller o autobús para ir ó cole.