Mostrando entradas con la etiqueta coronavirus. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta coronavirus. Mostrar todas las entradas

17 de abril de 2020

TRABALLOS DOS NOSOS PEQUES

FIXEMOS UN PEQUENO VÍDEO COS TRABALLOS DOS NOSOS PEQUES DENDE A CASA, A VERDADE É QUE O ESTÁN FACENDO XENIAL,
MOI BEN RAPACES, SEGUIDE ASÍ QUE PRONTO ESTAREMOS XUNTOS
UN MILLÓN DE ABRAZOS VIRTUAIS



3 de abril de 2020

RETO 5: UN CONTO CON MOITO ENCANTO!!

Tantos días na casa ás profes diunos para facer moitas cousas: bailar, ler libros, facer "puzzles", pintar, cociñar....

Pero a profe Yoli sabedes o que se lle ocurriu???

ESCRIBIR UN CONTO!!!

Aquí tendes un conto para ler en  familia!!!
Agardamos que vos guste tanto ou mais que ás profes!!!!


AS APERTAS ESQUECIDAS

Clicade aquí se o queredes descargar

O Voso RETO consistirá en facer un debuxo sobre o conto!!

Con todos eles prepararemos algunha sorpresiña....

Gústanvos as sorpresass?!!!!

Pois a LER en familia e 
a DEBUXAR o que mais vos gustase 
deste conto con moito encanto!!!



 



Envíade a: infantilmaside@gmail.com

27 de marzo de 2020

RETO 3: TOD@S A COCIÑAR!!!

Como xa sabedes todos os meses
tócanos cociñar un postre
para celebrar os cumples.

Este mes de MARZO foinos imposible 
celebrar o noso obradoiro de cociña 
debido a esta cuarentena que nos fixo quedar a tod@s na casiña.

Pero as profes de Infantil xa argallamos algo...

Que vos parece se lles celebramos un cumple moi especial
aos "cumpleañer@s" deste mes???


O RETO de hoxe consiste en ...
facer o POSTRE que vos queirades na casa,

 Antes de nada non podemos esquecernos de lavar as mans!!!
Podedes lavalas con esta canción de Migallas


logo xa podedes comezar a cociñar,

poñédelle unhas "velas" a vosa sobremesa cando esté lista
e dende cada casa 

desexarémoslles a tod@s un
"Feliz aniversario"!!!


Esperamos os vosos vídeos e fotos
en infantilmaside@gmail.com

25 de marzo de 2020

AS NOSAS EMOCIÓNS NESTES DÍAS...

Estes días están sendo un pouco raros
e o MONSTRO DE CORES non sabe 
que facer, nin que é o CORONAVIRUS,,,

Estade atent@s a este conto...






Como vos sentides vos? 

Tod@s @s profes estámos moi preocupados de cómo estades 

a pasar vos e as vosas familias estes días...


Encantaríanos que nos envíedes algunha mensaxe de como vos estades sentindo, algunha foto do que estades a facer, que nos contedes se vos gustan os nosos retos ou son moi aburridos, que nos propoñades novos retos divertidos...


Todo o que se vos ocorra ou nos queirades contar ou pedir

envíade ao correo de infantilmaside@gmail.com


MOITO ÁNIMO 

UNHA MOREA DE BICOS E APERTAS!!!!




18 de marzo de 2020

QUE É O CORONAVIRUS?

Estes días non podemos vernos no cole
 por causa do CORONAVIRUS
Sabedes o que é?









Queremos lembrarvos a todas as mamis e os papis 
que debedes descargar a aplicación TOKAPP SCHOOL

xa que dende ahí estamos enviando enlaces á nosa aula virtual

onde temos materiais para que podades traballar na casa.


MOITO ÁNIMO A TOD@S!!!!!