13 de febrero de 2019

DÍA DA NON VIOLENCIA ESCOLAR E DA PAZ


Despois de decorar o corredor do noso centro coas fermosísimas flores mensaxeiras da PAZ feitas por todos os nenos e nenas do cole, chegou o gran día: 30 xaneiro, DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ.
No salón de actos, preparado para a festividade, esperábanos unha gran sorpresa:



A visita de SUSA HERRERA, cantaautora cántabra, que fixo desta celebración unha xornada inolvidable poñendo ritmo e musicalidade.


O seu traballo foi distribuido en tres partes: OBRADOIRO,CONCERTO E TALLER.


No obradoiro presentounos e aprendemos algunhas cancións do seu  libro"TODOS OS ANIMAIS AO CAIXÓN": Bichiños pequeniños", "A galiña ecolóxica" e " Un peixe moi divertido".



"

Vivenciando a canción de "BICHIÑOS PEQUENIÑOS" con un retrouso moi pegadizo que dicía:
"Estes son bichiños con algo especial;
todos pequeniños, non queren falar."



No concerto coñecemos e traballamos co seu libro " CANTOS ANIMAIS ", destacando as cancións do CROCODRILO, do ELEFANTE e da XOANIÑA.












Pasámolo fantásticamente ben!!


Para rematar o concerto os nenos e nenas do cole tamén lle quixemos dar unha sorpresa a nosa invitada e cantámoslle unhas cancións que tiñamos preparadas do seus libros:"EN CABÁRCENO SE OYE CANTAR" e "CARTAS QUE VEÑEN E VAN".





Ademáis tamén a agasallamos cun libriño de animais feito por todos os nenos e nenas que o titulamos "EN MASIDE SE OYE CANTAR".
 





Que fermosísimo libro e canta creatividade!!!


Estas son algunhas das páxinas do fantástico libro:















Para lembrarnos deste gran día fixemos unha foto grupal chea de emocións.



Despois dun descansiño para repoñer enerxía chegou o turno do taller, onde Susa cos nenos/as máis grandes, deulle vida a poesía "POMBIÑA, POMBA" de Antonio García Teijeiro, traballando a duración,o tempo, o ritmo e a musicalidade.













Asemade, os maiores  tamén lle tiñan unha sorpresiña, a representación dos animais do seu libro "EN CABÁRCENO SE OYE CANTAR" en galletas xunto coa protagonista do día, A POMBA DA PAZ.







Fantástica representación de Cabárceno!!!


E xa para finalizar a xornada, Susa firmounos autógrafos.



MOITAS GRAZAS SUSA POLA TÚA VISITA!!!
PASÁMOLO XENIAL!!!