Mostrando entradas con la etiqueta simulacro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta simulacro. Mostrar todas las entradas

14 de diciembre de 2012

O QUE CELEBRAMOS ESTE TRIMESTRE FOI...

Pois o que celebramos,entre outras cousas, foi o magosto e un simulacro de incendio...xa veredes xa...

O pasado día 8 de novembro tivo lugar un simulacro para practicar o que teríamos que facer en caso de xurdir unha emerxencia no cole. Cando empezou  a soar a alarma de emerxencia, comezou o xogo!! Todos tiñamos que chegar ata o pavillón cuberto o mais rápido posible e sen correr.
 Nel participamos todos os nenos e nenas do cole, os profes, cociñeiras… Tamén viñeron os bombeiros, protección civil e a policía. O mellor de todo foi que cando todo rematou entrou o camión de bombeiros para poder velo… e os mais valientes ata subiron a él!!









Pois seguindo co resumo... o pasado 9 de Novembro celebramos o MAGOSTO no cole, QUE BEN O PASAMOS!!!, dende que chegamos pola mañá xa tiñamos ganas de castañas “”ñam ñam””.
Todos trouxemos da casa algunha castaña decorada, incluso algúns trouxeron colares  de castañas, moi chulis!!
A media maña saímos ó patio do cole a facer un circuito de xogos populares, e tivemos uns monitores moi especiais… os nenos maiores do cole!! Foi moi divertidooo.
Despois  os peques xantamos a comida tìpica do magosto… e estábamos nerviosos pensando na gran fogata que fariamos pola tarde.
De súpeto un cheiro a fume fixo que foramos a ver o lume, fixemos cucuruchos, comimos algunhas castañas e gardamos algunhas para casa.
Tamén nos pintamos as caras co carbón… Acabamos asi, desexexando que chegue o próximo magosto!!




Esperamos ter moitas cousas máis que contarvos antes das vacacións!!!!