21 de junio de 2016

UN SATÉLITE NOVO!

Mirade este vídeo...podedes ver unha mensaxe que nos mandan os astronautas dende un satélite novo...SATÉLITE XABARÍN!


7 de junio de 2016

CANTAMOS E BAILAMOS CON MINI E MERO

Esta semana tivemos a sorte de recibir 

a visita de Mini e Mero 

que nos ensinaron moitas cancións


Son un dúo de cantautores da Terra Chá, poetas, músicos, mestres e investigadores do folclore e a cultura tradicional galega. Son  membros históricos do grupo musical "Fuxan os Ventos" e actuais compoñentes de "A Quenlla".

Neste video podedes ver o ben que cantamos!!!

Moitas grazas ao 
Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística 
por organizar esta visita!!

3 de junio de 2016

VIDEOS DO SISTEMA SOLAR!!!

Podedes disfrutar volvendo ver estos vídeos dos movementos da TERRA,  A LUA, os PLANETAS, as ESTRELAS...
que tanto nos gustaron!!
 

   
 


 


2 de junio de 2016

IMOS Á CONVIVENCIA DE XURXO E SABELA

Este ano Xurxo e Sabela preparáronnos unha gran festa o 25 de maio no colexio de As Neves

 Viñeron a recibirnos e animaronnos bailando e cantando unhas divertidas cancións



Tiñannos preparados un montón de obradoiros onde nos ensinaron cousas moi interesantes sobre os astronautas, os planetas...
No contacontos dun astronauta e o seu mecánico
Fixemos un astronauta e un foguete no obradoiro de plástica
Pescamos planetas e estrelas nunha piscina chea de auga

Disfrutamos dun taller de maquillaxe
Xogamos cun robot astronauta que viaxaba polo espacio
Ensinaronnos os planetas do sistema solar


Logo comemos o xantar e xogamos antes de vir de volta a Maside