22 de febrero de 2018

VISITOUNOS ANXO MOURE

Esta mañá veu ata o cole Anxo Moure
o autor do conto "A XACIA LUVIÑAS"

Contounos moitas cousas sobre  XACIAS, XACIOS 
e como coidar os ríos e mares.


Veu cos súa cana de pescar e traxe de barqueiro, igual que no seu conto


Pescamos moitos contos


cantamos  e bailamos con él 


e ata nos paseou na súa barca

GRAZAS POLA VISITA!!!

20 de febrero de 2018

DESFILA O CIRCO DE MASIDE!!

Co comezo do novo proxecto de traballo 

O CIRCO

Decidimos desfilar no entroido así de guap@s!!


 

A ANPA diunos unha deliciosa merenda  de chocolate e biscoito







Rematamos o  día bailando na praza de Maside

Foi divertidísimooo!!!









Aquí está a nosa canción preferida do CIRCO


19 de febrero de 2018

REMATE PROXECTO AUGA

Este mes levamos para casa todos os traballos que fixemos durante o proxecto da auga.

 Durante este proxecto aprendemos unha morea de cousas, que quedaron plasmadas nun mural que elaboramos entre todas as clases que participamos no proxecto.


 







Tamén fixemos:

Un pau de auga

A botella da calma

Unha nube da choiva

O noso diploma cunha foto na festa da auga.

Na casa debedes pedirnos que vos ensinemos todo o que aprendemos!!

Moitas grazas pola vosa colaboración!

BICOS DE PAPEL

Este ano decidimos facer algo moi especial por unha boa causa

colaboramos coa asociación BICOS DE PAPEL

Primeiro decoramos nas aulas unha cara dourada  alegre

con mensaxes de ánimos para os nen@s enfermos

e logo fixemos un lazo para enviarlle todo o noso apoio e cariño.


Picade neste enlace para ver as fotos
PINCHA AQUÍ 


Agora cantemos tod@s xunt@s!!!


5 de febrero de 2018

COMO FUNCIONA UNHA DEPURADORA



Xuntámonos todos no salón de actos do cole para realizar unha actividade grupal. comenzamos co visionado do corto: "Auga prestada, devuelvela depurada".



Agora xa sabemos que a auga e un ben que temos que coidar porque se pode esgotar e por eso debemos depurar a auga. Agora contarémosvos os pasos que son precisos para realizar unha na casa.


En primer lugar nunha botella cortada, poñémoslle na boca un anaco de algodón.



Entre cada unha das capas de diferentes materiais que empregaremos, imos poñer unha gasa.


 No segundo paso temos que engadir un pouco de carbón.


Despois poñémoslle area moi finiña, da praia.


Poñemos outra capa de grava.


E por último añadimos outra capa de pedriñas



Xa estamos listos para probar a DEPURADORA CASEIRA



Vertemos auga moi, moi oscura, que tiña areas, herbas, follas,...





E... a auga que saiú estaba bastante limpa