26 de febrero de 2013

COÑECEMOS REINO UNIDO!!


Este mes de xaneiro os nenos e nenas coñecemos REINO UNIDO. Comezamos por Londres, xa que era a cidade onde vivía o señor Fogg co seu maiordomo e onde ademais comezou o conto da viaxe ao mundo. Este mes enviounos por correo un mapa de Londres, un xogo de cartas cos lugares que debíamos visitar alí…e ata un conto de Nessie, o monstro do lago Ness que vivía en Escocia, moi preto de Londres….que ben o pasamos disfrazándonos!!
Ademais buscamos Reino Unido no libro que enviou a familia de Luis de 4 anos e aproveitamos o noso taller de cociña para preparar unha sobremesa moi típica….galletas de xenxibre!!! … A profe Jenna contounos en inglés o conto de “El hombre de jengibre” e ensinounos a saudar, dar as grazas, pedir por favor…en inglés!!


 

18 de febrero de 2013

"TRISTÁN CARA DE CAN"

Fai uns días asistimos no Auditorio de Ourense á obra teatral "Tristán cara de can".
O espectáculo contaba a historia de Tristán, que, certo día de tan triste que estaba, decide vivir sen corazón e darllo a un páxaro que o leva para moi lonxe de alí.
Tristán pasa os días ladrando e desconfiando, sen que o máis pequeño dos sorrisos se debuxe nos seus beizos.
Pero a historia non remata asi…
Dentro dunha misteriosa caixa aparece unha boneca de trapo que vai tentalo todo para facer rir ó noso personaxe. Sería ela capaz???



DENDE OUTRO PAÍS

Como outros anos no noso cole contamos cunha auxiliar de conversa de lingua inglesa.
En Educación Infantil estamos encantados pois con ela facemos xogos, escoitamos contos... e en xeral actividades habituais pero en lingua inglesa.
Jenna a nosa lectora, vive en California e ensínanos tradicións do su pais e nós estamos felices de que nos axude a medrar con outros coñecementos. Gracias Jenna!!!


QUE VIVA O ENTROIDO!!!

O pasado oito de febreiro celebramos no cole a festividade do Entroido.
Por un día o cole convertiuse nun gran circo con domadores, malabaristas, bailarinas, leóns, vendedores de larpeiradas...e calquer disfraz circense ata onde pode chegar o voso maxín.
Houbo premios para todos. C de 5 anos gañou o premio individual, e os demais recibimos un premio por ser o grupo mellor caracterizado (3 anos), o máis variado ( 4 anos) e o grupo máis ecolóxico (5 anos).
Mirade que guap@s... Pasámolo en grande!!!





8 de febrero de 2013

FELIZ CUMPLEANOS!!!!

Durante o mes de xaneiro cumpliron anos A. e S. Para celebralo fixemos un taller de cociña con galletas de xenxibre que por certo estaban boísimas. Se queredes facelas na vosa casa é moi sinxelo e moi entretido e ós nenos e nenas encántalle participar na súa elaboración. Animádesvos???

 GALLETAS DE XENXIBRE E CANELA
  •  260 gr de fariña 150 gr de manteiga ou margarina 
  • 100 gr de azucar moreno 
  • 5 gr de bicarbonato 
  • 1 culleriña de canela en polvo 
  • 1 culleriña de xenxibre en polvo
  • 1 ovo 
  • Unhas areas de sal
 Mezclamos os ingredientes (a fariña mellor tamizada), amasamos, estiramos cun rodillo e deixamos un grosos de un centímetro máis ou menos. Facemos as formas e poñémolas no forno a 180ºuns 15 ou 20 minutos. Decorar e...a comer!!!
  Mirade que ben o pasamos nós...

7 de febrero de 2013

O DÍA DA PAZ

O pasado 30 de xaneiro celebrouse o DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA.
Durante esa semana fixemos toda unha serie de actividades para conmemorar dito día.
Deixámosvos unhas letras que axuden á reflexión e que os nenos e nenas aprenderon para cantar todos xuntos. O máis importante e non esquecer que o día da paz deberían de ser todos os días do ano!!!!

"Cantemos collidos das mans este son: 
¡Que vivan a paz e o amor! 
Unamos os pobos sen odio e rancor: 
¡Que vivan a paz e o amor! 

Que todos os nenos levanten as mans 
que todos os nenos levanten a voz 
¡máis guerras non! 
¡máis odios non! 
¡que vivan a paz e o amor! 

Amigo de lonxe, ¿que importa o lugar? 
¡que vivan a paz e o amor! 
Xuntémonos todos. Cantemos en paz
¡que vivan a paz e o amor!" 

O NOSO AMIGO MISTERIOSO

Cando chegamos en setembro ao cole comezamos a recibir cartas nas aulas de Infantil dun “amigo misterioso” con pistas para adiviñar o seu nome…. Despois de ler moitas, conseguimos descubrir que quen as enviaba era…. Philleas Fogg!!!, o protagonista da novela “Viaje al mundo en 80 días”, escrito por Julio Verne. Como moitos nenos e nenas non tiñan este conto, o señor Fogg enviounos un para cada rapaza e rapaz como agasallo e vimos a película que trouxo A. de cinco anos. Propúxonos ir con el facer unha viaxe polos países por onde el viaxara. Tamén coñecemos a biografía de Julio Verne…. e fixemos a nosa coa axuda das nosas mamis e papis!! Antes de saírmos dar a volta ao mundo, regalounos un mapa do mundo, ensinounos unha canción e preparamos os pasaportes que deberemos selar en cada país ao que viaxemos…. Xa estamos preparados para comezar a nosa viaxe polo mundo no 2013!!!!!