Mostrando entradas con la etiqueta aniversarios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta aniversarios. Mostrar todas las entradas

22 de junio de 2020

CUMPLES DO VERÁN 2020!!!

Chegou o verán e 
queremos aproveitar para desexarvos
 unhas felices vacacións...

E tamén para enviarvos a nosa especial felicitación 
para os nenos e nenas que cumplen anos 
en XUÑO, XULLO E AGOSTO!!!


.

MOITOS PARABÉNS!!!

Aquí tendes todas as RECEITAS 


Neste enlace  podedes elexir a vosa RECEITA FAVORITA
e cociñar a que mais vos guste 
para celebrar os vosos aniversarios!!!

MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!!

31 de marzo de 2020

ANIVERSARIOS DE MARZO

PARABÉNS A TODOS OS NENOS, NENAS 

E PROFES 

QUE ESTADES DE CUMPLE 

NESTE MES DE MARZO!!!










 

e agora.... a comer:

  

despois de soplar as "velas"






MOITOS BICOS E UN TURRÓN DE ORELLAS VIRTUAL!!!

27 de marzo de 2020

RETO 3: TOD@S A COCIÑAR!!!

Como xa sabedes todos os meses
tócanos cociñar un postre
para celebrar os cumples.

Este mes de MARZO foinos imposible 
celebrar o noso obradoiro de cociña 
debido a esta cuarentena que nos fixo quedar a tod@s na casiña.

Pero as profes de Infantil xa argallamos algo...

Que vos parece se lles celebramos un cumple moi especial
aos "cumpleañer@s" deste mes???


O RETO de hoxe consiste en ...
facer o POSTRE que vos queirades na casa,

 Antes de nada non podemos esquecernos de lavar as mans!!!
Podedes lavalas con esta canción de Migallas


logo xa podedes comezar a cociñar,

poñédelle unhas "velas" a vosa sobremesa cando esté lista
e dende cada casa 

desexarémoslles a tod@s un
"Feliz aniversario"!!!


Esperamos os vosos vídeos e fotos
en infantilmaside@gmail.com

8 de enero de 2020

CUMPLES DE DECEMBRO

En decembro tocou celebrar cumples
e para iso cociñamos un riquisimo
"VASIÑO DE KÉFIR E FROITAS"

INGREDIENTES que precisamos: 

- iogur KÉFIR
- amorodos
- framboesas
- arándanos
- 1 limón
- azucre
- chocolate negro para postres
-  marmelada de framboesas ou mel
 

Aquí están os pasos para elaboralo na casa: 

1. Lavamos ben as framboesas, amorodos e arándanos e cortamos as froitas en anacos.



 

2. Engadimos 5 culleradas de AZUCRE e unhas pingas de zume de LIMÓN. Reservar para que se vaia facendo o almibar.

 


3. Botar no fondo do vasiño uns poucos amorodos e engadir o chocolate derretido (pódese deixar enfriar na nevera para que solidifique).



4.  Misturar o KÉFIR co resto da froita e cun pouco de AZUCRE. Logo botar a mezcla nos vasiños. 















5. Para os mais lambóns...por enriba poden engadir un pouco de marmelada de framboesa ou mel.


MOITAS FELICIDADES AOS CUMPLEAÑER@S!!!!

2 de diciembre de 2019

CUMPLES DE NOVEMBRO

O martes, 27 de novembro, 

celebramos os aniversarios de todos os nen@s que cumpliron anos no mes once,
e polo seu achegamento ao mes de Nadal 
decidimos convertir a aula de 4 anos nun taller de cociña, onde confeccionamos 

BOCADIÑOS NEVADOS!!!


Os ingredientes foron leite, manteiga, azucre, galletas hoxaldradas, nocilla e raiadura de coco.
 Entre todos puxémonos mans á obra.

 O primeiro paso foi mesturar o azucre coa manteiga.










O segundo paso foi mollar as galletas en leite 

de xeito moi rápido para que non se desfixeran.


 



 Seguidamente untamos as galletas con manteiga ou nocilla.

 





 Agora xa ben recheas, xuntamos dúas galletas,



e o último paso foi rebozalas en raiadura de coco.


E estos deliciosos NEVADIÑOS 

foron o resultado do noso obradoiro de cociña:






 Con todo preparado, entre tod@s cantamos a canción reglamentaria dos aniversarios 
e merendamos os deliciosos NEVADIÑOS.





MOITOS PARABÉNS A TOD@S!!!