22 de marzo de 2017

BUSCA DO TESOURO

MENUDA SORPRESA LEVAMOS Ó CHEGAR Á CLASE!!!

O PIRATA MARTÍN ROUBÁRANOS OS TESOUROS QUE TROUXEMOS DA CASA E AGOCHOUNOLOS POLO COLE....


ESO SIP...DEIXOUNOS UNHA CARTA, UN MAPA, BRÚXULAS...E AS PISTAS PARA ATOPALOS!!!





 




MIRADE QUE CONTENT@S CANDO OS ATOPAMOS!!!







17 de marzo de 2017

DíA DA MULLER

8 DE MARZO, día de muller traballadora

Hoxe no cole fixemos unha pequena homenaxe ás nosas nais, xa que elas, como todas as mulleres, ben o merecen.




 Entre todos fixemos un mural, no que cada neno-a pegou unha folliña coa súa foto e cunha mensaxe sobre onde traballa a súa nai.

Aniversarios de febreiro

Aniversarios do mes de febreiro

Hoxe como todos os meses fixemos o obradoiro de cociña para festexar os aniversarios dos nenos-as que naceron no mes de Febreiro.
Esta vez fixemos uns biscoitos moi, moi ricos.
Primeiro escacharon os ovos nun bol

 Despois bateron cunha barilla os ovos
            Engadímoslle o aceite
 Puxemos un iogur sin lactosa. E tamén lle engadimos a fariña e o azucre.
E tivemos que remexer, e remexer todo, para que quedase ben misturado.
Puxémoslle un pouco de raidura de limón, azucre avainillado e un chisquiño de canela.





Por ultimo levamólo o forno ... e mirade como quedaron!!!


Os nenos-as decoráronos con lacasitos e amorodos.


Os nenos -as que estaban de aniversario sopraron as candeliñas e todos-as lles cantamos, para felicitarllo: Parabens para ti........

Por último papámolo todo, Ummm!! Que rico