18 de marzo de 2016

NA BUSCA DOS OVOS DE PASCUA

Os nenos e nenas de 5 anos andiveron coa profe Lola 

na busca dos ovos de pascua 

que estaban agochados pola horta!!








 






BOAS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA!!!


RECANTO DE AULA

Nun recanto da clase colocamos todos os materias que trouxeron os nen@as da casa, os profes ou atopamos na biblioteca sobre o proxecto.

Mirade que chulos están os nosos recantos do astronauta!!!


AULA DE 3 ANOS

AULA DE 4 ANOS




AULA DE 5ANOS



GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!



8 de marzo de 2016

TALLER DE COCIÑA


Para celebrar os cumples de febreiro fixemos unha riquísima "Mousse de limón".

Todos puxemos o noso grao de area para elaboralo.



Botamos os ingredientes e batemos con forza.










 O resultado fala por si só, ummmm ... boísimo!



Comemos e repetimos, non nos podiamos resistir, lambemos ata os bigotes.






PARABÉNS COMPAÑEIROS!

CONTACONTOS IAGO LÓPEZ

Onte día 7 de marzo, os alumnos de 6º de Ed. Infantil e de1º e 2º de Ed. Primaria desfrutaron dunha divertida sesión de contacontos a cargo de Iago López.






 










PASÁRONO XENIAL!

4 de marzo de 2016

II CONCURSO FELOS DE MASIDE- 2016

Aquí tendes aos gañadores do II concurso de FELOS DE MASIDE

GAÑADORES

CATEGORIA INFANTIL:
Zaira Álvarez González (5º Ed. Infantil)
Mauro Feliz González (6º Ed. Infantil)

CATEGORIA PRIMARIA:
Alexia Rdguez Ordoñez (3º Ed. Primaria)
Nicolás Mosquera Abeijón (4º Primaria)

 XURADO: LETICIA OTERO PARADELA (Felo de Maside) 

GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!!!

3 de marzo de 2016

A QUE SABE A LÚA?

Esta semana o alumnado de 6º de Ed. Infantil preparou o conto musicado de "A que sabe a lúa?" que atopamos na nosa biblioteca...




Preparárono e logo actuaron para os nenos e nenas de Ed. Infantil



Se queredes volver a velo solo tendes que picar neste enlace: Conto "A que sabe a lúa"

Cando rematou o conto cada neno e nena dixo a que lle sabía a eles a Lúa..e algúns escribírono neste mural
  
Fixádevos en que bocados tan deliciosos se pode converter a Lúa...
dende chocolate ou sopa ata nun sabroso cocido!!!!