26 de abril de 2018

ACTUACIÓN DOS MAGOS DE 1º E 2º PRIMARIA

Os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Primaria

fixeron unha exhibición de xogos de maxia para os de Ed. Infantil!!!

A maga Y. e os seus axudantes cortaron a S. pola metade...
e  coa súa maxia fixerona volver a aparecer!!


Fixeron varios xogos de cartas






 Fixeron voar un lapis con maxia

e outros trucos de maxia

 Foi moi divertido, o  mundo da MAXIA é fascinante.!!

 Cantos artistas hai no Circo!!!!


DÍA DO LIBRO

Para festexar o Día do Libro, no colexio realizamos un obradoiro no que os nenos e nenas de 5º e 6º apadriñaron aos lectores máis cativos do cole.

Os pequenos estiveron moi atentos ás historias que lle contaban os maiores.



 











Nesta actividade de animación a lectura todos desfrutaron e pasárono moi ben!


QUE TODOS OS DÍAS SEXAN
O DÍA DO LIBRO!!!

23 de abril de 2018

ANIVERSARIOS DE MARZO E ABRIL

Este venres 20 de abril preparamos un
BISCOITO DE IOGUR
para celebrar os aniversarios do mes de marzo que nos quedaran sen festexar e os do mes de abril


Aquí vos deixamos a receita


1. Botamos 3 OVOS e misturámolos con 2 vasiños de AZUCRE






 2. Engadimos 1 IOGUR natural e 1 vasiño de ACEITE










3. Raiamos 1 limón e engadímolo




 4. Misturamos 3 vasos de FARIÑA e 1 sobre de LEVADURA e batémolos ben




5. Decoramos con estrelas de cores


6. esto foi o mellor....cantamos  e disfrutamos do biscoito!!!

J. cumpriu 5 anos

V., H., N. e P. cumpriron 4 anos



Papámolo todo.....non quedou nadiña!!!