28 de octubre de 2014

FELIZ ANIVERSARIO!!!

Hoxe celebramos os aniversarios dos nenos e nenas que cumpliron anos durante o mes de outubro. Para elo fixemos unha tarta moi propia para a época na que estamos, e ante a chegada do Samaín, ocurriusenos decorala dun xeito terroríficooooooooooooo

Despois só tiveron que apagar as candeas os homenaxeados, que desta vez eran:
Z. e Q. da aula de 3 anos, e A., O., e Y. da aula de 5 anos.
Mirade con que forza apagan as súas candeas!!!Non quedou nin unha migalla do doce!!!
















27 de octubre de 2014

DE AQUÍ PARA ALÁ!

O pasado venres, viaxamos ata o Auditorio de Carballiño para participar no concerto "De aquí para alá" unha actividade promovida polo Equipo de Dinamización Lingüística do noso cole, na que participaron tamén outros centros.
No concerto fixemos un percorrido por distintos lugares do mundo acompañados por unha bolboreta, e fartamonos de cantar e bailar...vós tamén podedes animarvos!!!! Picade nos enlaces e poderedes cantar O TREN, WE WILL ROCK YOU ou DE AQUÍ PARA ALÁ... Mirade que ben o pasamos e que atentos!!!




Despois Lidia Botana (a artífice da representación) saudounos a tod@s!!!

 UN DIA XENIAL :)


20 de octubre de 2014

O NOSO SOUTO

Preto do noso cole hai un souto onde nos deixan explorar coa natureza.
Coa chegada do outono está cheíño de productos cos que coñecer máis esta estación do ano.
Aproveitando unhas raiolas de sol, alá fomos a investigar a ver que atopabamos...e...mirade cantas cousas!!!

O PRIMEIRO É OBSERVAR...

 MIRADE QUE TRONCO MÁIS GRANDE!!!

E POR ÚLTIMO...RECOLLER FOLLAS, OURIZOS, COGUMELOS E MOREAS DE CASTAÑAS!!!






16 de octubre de 2014

RECORDANDO TEMPOS

Ola a tod@s!
Durante este primeiro trimestre, estamos levando a cabo o proxecto "O noso cole" elaborando materiais e actividades relacionadas co noso centro.
Durante estes días recibiredes unha carta pedindo a vosa colaboración e é que os nenos e nenas teñen moita curiosidade por coñecer os anos escolares de papás, mamás, avós...
Se trata de que nos enviedes algunha foto ou debuxo de cando iades o cole para facer unha pequena exposición con todas as recibidas nos corredores do cole.
Se o que queredes é recordar tempos podedes visitar a páxina do Museo Pedagóxico Galego (mupega), ata podedes facer unha visita virtual polo mesmo.
Colaborade con nós!!!
Moitas grazas a tod@s de antemán.



12 de octubre de 2014

O OUTONO XA ESTÁ AQUÏ!!!

Os nenos e nenas de Educación Infantil xa estamos metidos de cheo no estudo do outono.
Recoller follas, castañas, a festa da vendima, o Samaín, o magosto...son algunhas das actividades que durante esta estación percorreremos...
Collede os vosos abrigos que comezou o Outono e no noso blogue veredes como aproveitamos esta estación para aprender xogando!!!

"O outono chegou, marrón e amarelo,
o Outono chegou e follas secas nos deixou"


3 de octubre de 2014

FELIZ ANIVERSARIO!!!!

Despois de meter o biscoito no forno (45 minutos, a 180º) poidemos comela.




Pero puxemoslle as candeliñas para que A. de 3 anos, puidera sopralas. E a S. de 3 anos que tamén estivo de aniversario, pero non pudo vir, mandámoslle moitos parabens e bicos.

2 de octubre de 2014

Obradoiro de cociña

Biscoito de iogur con raiadura de limón

O pasado luns día 29 de Setembro fixemos o primeiro obradoiro de cociña cos nenos e nenas de E. Infantil. Elaboramos un biscoito con iogur.
No encerado podedes ver os ingredientes que empregamos e as proporcións. A medida empregada é a do vasiño de iogur.

Ingredintes:     - 9 ovos

                    - 6 vasiños de azucre

                    - 9 vasiños de fariña

                    - 3 vasiños de aceite

                    - 3 sobres de levadura

                    - 2 limóns

                    - 3 iogures naturais.

Nos tivemos a axuda dunha batidora porque era moito para batir a man.