Mostrando entradas con la etiqueta excursion. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta excursion. Mostrar todas las entradas

20 de junio de 2017

VISITA A BAIONA

Este xoves día 15 de xuño fomos ata Baiona
para rematar así os proxectos deste ano
"Os piratas" e "Os castelos"

Nada mais chegar entramos a visitar a Carabela "A Pinta"



 
 




Se queredes saber máis pinchade aquí: Carabela Baiona



Paseamos polos arredores do Parador de Baiona buscando A Porta Real, a Torre do reloxo, a  muralla, o camiño da rolda, as saeteiras...














E logo entramos a ver o Parador que atacara o pirata Drake

 

Despois de tantas visitas e paseos... tocou un merecido xantar!!!

no Parque de A Palma


e desfrutar da praia da Barbeira

 





 
 





Foi un día xenial!!!

25 de abril de 2017

SAÍDA A PISCIFACTORÍA E A PRAZA DE ABASTOS

A PISCIFACTORÍA

O venres 7 de Abril fomos a ver á piscifactoría 
que hai no Carballiño



Primeiro ensináronnos onde medran os peixes e o pequeniños que son cando nacen.

    
     

Despois puidemos tocar unha troita


Fixemos un conxuro para poder pescar moito

 E.....puxémonos a pescar con unha rede 





 @s mais valentes pescaron coas mans.... Fixémolo moi ben!!!!


Para rematar xogamos ....e subimos nunha barca.


A PRAZA DE ABASTOS

Logo visitamos a PRAZA DE  ABASTOS de O Carballiño
-


Vimos de preto moitos peixes diferentes

 
   

 E mariscos, moi grandes!

Tamén atopamos moitos productos cárnicos, como as costelas para facer o cocido.



¨

Xogamos no espazo que teñen reservado para que os maìs pequenos podamos esperar mentras as nosas nais e pais mercan na praza.



Por último puidemos degustar uns churros, que estaban boisimos,mmmm. Viñéronnos moi ben para repoñer forzas!!!







MOITAS GRAZAS  Á CHURRERIA "DUCIAS", SOBRE TODO A JOSE, QUE NOS ATENDEU CON TANTA AMABILIDADE E AGASALLOUNOS CON ESTA MERENDOLA TAN SABOROSA.

Non deixedes  de visitala cando vaides mercar a praza.