Un blog para que tod@s os que o desexen coñezan o traballo que facemos en Educación Infantil no CPI Terras de Maside.
3 de diciembre de 2019
XOGOS DA LINGUAXE
Xa comezamos as nosas clases de
Estimulación da linguaxe
coa profe Noelia
e apagando as candeas
Podedes practicar estes xogos en familia
Son moi divertidos
e ensínannos a falar mellor
2 de diciembre de 2019
CUMPLES DE NOVEMBRO
O martes, 27 de novembro,
celebramos os aniversarios de todos os nen@s que cumpliron anos no mes once,
e polo seu achegamento ao mes de Nadal
decidimos convertir a aula de 4 anos nun taller de cociña, onde confeccionamos
BOCADIÑOS NEVADOS!!!
Os ingredientes foron leite, manteiga, azucre, galletas hoxaldradas, nocilla e raiadura de coco.
Entre todos puxémonos mans á obra.
O primeiro paso foi mesturar o azucre coa manteiga.
O segundo paso foi mollar as galletas en leite
de xeito moi rápido para que non se desfixeran.
Seguidamente untamos as galletas con manteiga ou nocilla.
Agora xa ben recheas, xuntamos dúas galletas,
e o último paso foi rebozalas en raiadura de coco.
E estos deliciosos NEVADIÑOS
foron o resultado do noso obradoiro de cociña:
Con todo preparado, entre tod@s cantamos a canción reglamentaria dos aniversarios
e merendamos os deliciosos NEVADIÑOS.
MOITOS PARABÉNS A TOD@S!!!
28 de noviembre de 2019
O ESQUELETE
Como xa sabedes estamos a traballar
o proxecto do CORPO HUMANO
coa axuda de todos os materiais que nos enviastes...
Estes días estamos a aprender cousas do noso ESQUELETE
limos moitos libros
observamos RADIOGRAFÍAS
E miramos estes vídeos que nos gustaron moito!!
!
Xa sabemos esta canción de osos
go grupo Migallas!
COUSIÑAS DO OUTONO
Durante este mes difrutamos xogando cos froitos do outono na tenda da CASTAÑEIRA:
Experimentamos coa báscula descubrindo cales eran os froitos máis pesados.
Tanto nos gustou que descompuxemos o número 10 e a súa metade, o 5, na casiña dos números:
E nas escaleiras o trasno Martiño deixou castañas descolocadas, e nos tivemos que ordealas e asocialas co número correspondente:
QUE BEN O PASAMOS!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)