30 de abril de 2020

RETO 11; QUEREMOS AOS NOSOS MAIORES!!!

Nestes días os nosos maiores
están especialmente presentes na nosa vida.
Estamos moi preocupados por eles
E botámolos moitísimo de menos!!!

Botamos de menos as súas cancións,
as súas risas,
escoitar os seus contos e historias,
plantar con eles a horta
pasear polos montes e vilas...
Pero xa falta menos para vernos outra vez!!!

Aproveitando que onte 29 de abril  foi ó
DÍA DA INTERXENERACIONALIDADE
no cal sempre facemos algo especial cos maiores

Este ano queremos lembrarvos 
o importante que sodes para nós:

Porque nos ensinades con orgullo o valor da familia,
Porque fomentades valores como o cariño, a solidariedade e o respeto,
Porque nos transmitides ilusión pola vida,
Porque nos ensinades a disfrutar do día a día
Porque nos axudades sempre que a vida nos fai tropezar,
Porque nos aportades importantes coñecementos e experiencias para a vida,
Porque sempre tendes resposta para todo,
Porque sempre nos coidades dándonos todo o voso amor,
Porque sempre nos animades a conseguir os nosos soños.



PORQUE SÓLO TRABALLANDO XUNTOS, SUPERAREMOS TODO O QUE NOS PROPOÑAMOS!!

POR ISO ESTE RETO 
VOLO QUEREMOS ADICAR A VOS!!!

Queremos que todos os nosos maiores saibades
Que non estades solos,
Que vos botamos de menos,
Que vos queremos moito,
Que temos moitas ganas de vervos,
Que pronto rematará todo isto
E volveremos a visitarvos !!!

Debedes facer un debuxo para os maiores,
una carta, unha tarxeta de ánimo,
un vídeo, etc…
onde lles amosedes o moito que os queredes
e que así se sintan fortes e apoiados.





E as profes farémoslle chegar
a vosa mensaxe!!!

CUMPLES DE ABRIL

NON PODEMOS REMATAR O MES DE ABRIL
SEN PREPARAR UNHA TARTA
PARA OS NENOS E NENAS
QUE ESTIVERON DE ANIVERSARIO NESTE MES!!!

AQUÍ TENDES UNHA RECEITA DELICIOSA!!


Picade neste enlace para ver como se fai:
TARTA DA ALEGRÍA


E PARA REMATAR....

POÑEDE AS "VELAS" NA VOSA TARTA....


E TODOS XUNTOS TEMOS QUE CANTAR!!!!

MENTRE SONA O SAXOFÓN 

DO  PROFE MARCOS!!!

MOITAS FELICIDADES A TOD@S!!!!





MOITAS GRAZAS PROFE MARCOS 

POR FACER ESTES ANIVERSARIOS 

TAN ESPECIAIS!!!

28 de abril de 2020

MUSEO DE FOTO-ARTE FEITO!!

Aquí podedes ver un pequeno 
MUSEO VIRTUAL  
coas vosas propias obras de arte!!!

Sólo tendes que picar neste enlace para velas...
RETO FOTO- ARTE


 
Tamén vos deixamos 

outro pequeno agasallo 

que recibimos 

polo día do libro


MOITAS GRAZAS A TOD@S

POLA VOSA PARTICIPACIÓN !!!



27 de abril de 2020

RETO 10: FACEMOS A NOSA MASCARILLA

Dende onte  os nenos e nenas
xa podedes saír un pouquiño á rúa
pero é moi importante
que levemos unha mascarilla

As profes non a esquecemos cando temos que saír!!


Que vos parece se facemos unha mascarilla??

Primeiro debedes elexir unha tela de algodón, 

e marcar 2 anacos para recortar*

*As medidas para recortar dependen da idade:
Nen@s de 3-5 anos.................... 5,5 cm x 13 cm (talla pequena)
Nen@s de 6-9 anos.................. 6,5 x 15 cm (talla mediana)

 

Logo pintaremos un debuxo en papel ou en tela
para decorar a nosa mascarilla

Despois os papis coserán os dous anacos da mascarilla

Aquí tendes algunhas ideas de como podedes facelo...





No medio da tela de algodón

podes poñer como filtro unha capa impermeable 

que non deixe pasar gotas 

(tela dun paraugas vello, unha cortina do baño...)


Para rematar pegaremos os nosos debuxos 

para facela mais divertida!!

Envíade unha foto coa vosa mascarilla

Seguro que estades moi guap@s!!!


  




 




26 de abril de 2020

GRAZAS FAMILIAS


OLA FAMILIAS, HOXE O NOSO APLAUSO É PARA VOS, POR TODO O ESFORZO QUE ESTADES FACENDO, POLA VOSA IMPLICACIÓN E COMPRENSIÓN, ESPERAMOS QUE VOS GUSTE O NOSO AGRADECEMENTO DE PARTE DE TODO O PROFESORADO DO CPI TERRAS DE MASIDE


24 de abril de 2020

RECOMENDACIÓNS ANTES DE VOLVER ÁS RÚAS!!

Aquí vos deixamos unhas recomendacións 
para ler cos nenos e nenas  esta fin de semana, 
antes de saír o lúns ás rúas 
despois de tantos días na casa.



Temos que ser tod@s moi coidados@s!!
Disfrutade tamen co último directo 
do espectacular Circo do Sol
Boa fin de semana!!

23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

HOXE É O DÍA DO LIBRO !!!

Queremos celebrar este día dunha maneira moi especial....

Comezade picando neste enlace 

e atoparedes algo moi divertido....DÍA DO LIBRO


Aproveitando o comezo do Proxecto "O Pulpo" 
falamos con Tere, a bibliotecaria do Carballiño
para que nos contase un conto moi chulo!!

"O CONTO DO POLBIÑO MARTIÑO"

Agardamos que vos guste!!!

Prestade moita atención...


e agora mirade o que tendes que facer
para recibir un agasallo...


Aquí tendes algúns feitos...
 

Agora.....a traballar!!!!

GRAZAS TERE POR ESTE CONTO!!!!

Se ainda non estades cans@s de contos
podedes picar neste enlace e poderedes escoitar 

Ademais OS BOLECHAS que tanto vos gusta ler 
tamén quedaron na casa...
sabedes que están a facer estes días?
DISFRUTADE MOITO DO DÍA DO LIBRO!!!


22 de abril de 2020

DIA DA TERRA!!!

HOXE É O DÍA DA TERRA!!!!

Estes días de cuarentena na casa,
con menos tráfico de coches e contaminación
son moi saudables para que a nosa TERRA respire!!!


Xa vedes que nos podemos facer moitas cousas 
para coidar da nosa Terra!!!


Mirade o que fixeron os nosos nenos e nenas de Maside...


Plantaron uns carballos que 
as profes de Infantil enviaron de agasallo...
    



 



Reciclaron as cousas dos seus fogares
convertíndoas en cousas xeniales!!!!
 









Queredes axudarnos??
Pois poñédevos mans á obra!!!

TEMOS QUE TRABALLAR EN EQUIPO

PARA COIDAR DO NOSO PLANETA TERRA!!!