19 de diciembre de 2012

QUE VEÑEN OS REIS!!!!

Pois si, pois si...Que veñen os Reis Magos ó cole!!!! E como fomos moi boíños fixemos unhas cartas para eles pedíndolle moitas cousiñas, pero sobre todo que os nenos e nenas de todo o mundo non perdan o seu sorriso, por que ese é o mellor agasallo.

Aqui vos deixo ós nenos de 3, 4 e 5 anos cas súas cartas...e cando veñan os Reis...xa vos informaremos!!!






E por certo... que os nenos e nenas de 3º de Primaria fixeron unha actividade coa súa profe Margarita  que os nenos e nenas de infantil lles encantou...O amigo invisible. Todos levaron hoxe unha postal e un pequeno agasallo que tiveron que buscar despois de sacar o nome dun compañeiro...Igual o ano que ven nos animamos e o facemos nós tamén...
Aqui están todos guapos cos seus agasallos do seu amigo especial!!!

17 de diciembre de 2012

CHEGA O NADAL!!!

Xa vai quedando pouco para as vacacións de nadal, e andamos algo nerviosos pensando na súa chegada.
Esta semana no cole estamos preparando todo para recibir algunhas sorpresas...temos que  escribir a carta ós reis non vaia ser que aparezan por aqui!!!!
Aqui vos deixamos uns copos de neve que colgaremos na árbore de nadal e unhas bolas que quedaron bonitisimas coa axuda das familias.
Seguiremos informando!!!! Un saúdo








14 de diciembre de 2012

O QUE CELEBRAMOS ESTE TRIMESTRE FOI...

Pois o que celebramos,entre outras cousas, foi o magosto e un simulacro de incendio...xa veredes xa...

O pasado día 8 de novembro tivo lugar un simulacro para practicar o que teríamos que facer en caso de xurdir unha emerxencia no cole. Cando empezou  a soar a alarma de emerxencia, comezou o xogo!! Todos tiñamos que chegar ata o pavillón cuberto o mais rápido posible e sen correr.
 Nel participamos todos os nenos e nenas do cole, os profes, cociñeiras… Tamén viñeron os bombeiros, protección civil e a policía. O mellor de todo foi que cando todo rematou entrou o camión de bombeiros para poder velo… e os mais valientes ata subiron a él!!









Pois seguindo co resumo... o pasado 9 de Novembro celebramos o MAGOSTO no cole, QUE BEN O PASAMOS!!!, dende que chegamos pola mañá xa tiñamos ganas de castañas “”ñam ñam””.
Todos trouxemos da casa algunha castaña decorada, incluso algúns trouxeron colares  de castañas, moi chulis!!
A media maña saímos ó patio do cole a facer un circuito de xogos populares, e tivemos uns monitores moi especiais… os nenos maiores do cole!! Foi moi divertidooo.
Despois  os peques xantamos a comida tìpica do magosto… e estábamos nerviosos pensando na gran fogata que fariamos pola tarde.
De súpeto un cheiro a fume fixo que foramos a ver o lume, fixemos cucuruchos, comimos algunhas castañas e gardamos algunhas para casa.
Tamén nos pintamos as caras co carbón… Acabamos asi, desexexando que chegue o próximo magosto!!




Esperamos ter moitas cousas máis que contarvos antes das vacacións!!!!





12 de diciembre de 2012

HOMENAXE A CELSO EMILIO FERREIRO

Os peques de Infantil participamos durante esta semana neste video de homenaxe a Celso Emilio Ferreiro. O noso cole participou nesta iniciativa ó igual que moitos outros.
Se queredes máis información sobre esta actividade podedes visitar o blogue do Equipo de Normalización Lingüística do noso cole Móllate coa Lingua.
Non vos perdades esta montaxe xenial!!!!

5 de diciembre de 2012

O SAMAÍN

O pasado día 31 de outubro, pasamos no colexio ¡¡un dia de MEDO!!...xa pola mañaná chegaron a escola algunhas bruxas ,bruxiñas, esqueletos,vampiros…eran nenos e nenas disfrazados así, dispostos a dar eso…¡¡MEDO!!, de certo que o conseguiron…tamén cantamos cancións de pantasmas e fumos ver ¡ unha xenial e orixinal exposición de cabazas que fixemos na casa axudados polas nosas familias! …Por certo un dos premios foi para un neno, M. da clase de 4 anos. Pola tarde os “maiores” da e.s.o.. viñeron as nosas aulas para contarnos un conto de ¡moito sangue e terror! …traían candeas prendidas. ¡ Pasámolo de TERROR! Para rematar este dia ,na escola, fixemos un taller de caroutas terroríficas que levamos para as nosas casas ¡ FOI DIVERTIDÍSIMOOO...!
Arriba, o gañador do concurso e na foto de abaixo o resto de cabazas participantes en Educación Infantil. Da medo ou??

4 de diciembre de 2012

O NOSO TALLER DE COCIÑA

Dende fai algún tempo os nen@s de infantil participan nun taller de cociña os últimos venres de cada mes. Ademáis de facer receitas riquísimas celebramos os cumples dos nosos alumnos e pasámolo pipa!!! No mes de outubro fixemos unhas receitas terroríficas aproveitando o Samaín e celebramos os cumples de A. e O. que cumpliron 3 anos, o de M,I.O e L da aula de 4 anos e tamén soplaron as vela A e P que fixeron 5 anos. Que rico estaba todo!!!! Aqui están os "cumpleañeros" coas súas veliñas!!!
No mes de novembro, para celebrar o cumpleanos de A. de 3 anos, no taller de cociña fixemos unhas tartaletas de froita que estaban....Mmmmmmmmmmmmmmm, non hai palabras para describilo!!! Mirade cantos invitados!!!
Aqui vai unha larpeirada xenial
¿A que xa tedes ganas de cociñar?

BENVID@S

Saudamos a tod@s os que se acheguen ó noso blogue. A partires de agora poderedes visitalo para ver as actividades e os acontecementos da vida dos nenos e nenas de Educación Infantil do CPI Terras de Maside. Begoña, Inma, Nuria e Laura somos as especialistas de Educación Infantil de 5, 4 e 3 anos respectivamente xunto a nosa mestra de apoio. Presentámonos para que todos e todas nos coñezades!!!!
OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS SAÚDANVOS
NA AULA DE 4 ANOS COA PROFE INMA E O PROFE MANUEL.
OS MAIORES DO CICLO!!!