28 de mayo de 2018

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O pasado venres 18 de maio celebramos a XORNADA DE PORTAS ABERTAS
fixemos un montón de cousas

Primeiro asistimos á actuación 
do MAGO MARTÍN 



Logo participamos en  distintos obradoiros

OBRADOIRO DE TATUAXES




OBRADOIRO DE RECICLAXE


 


OBRADOIROS DA CRUZ VERMELLA

OBRADOIRO DE TECIDO


 


OBRADOIRO DE XOGOS POPULARES


OBRADOIRO DE BAILE




 

Ademais colaboramos coa CRUZ VERMELLA  traendo
alimentos non perecedeiros e de hixiene
e trocámolos por uns xoguetes

e rematamos cun fantástico XANTAR POPULAR
con tod@s o@s que quixeron vir





24 de mayo de 2018

Estes días estamos traballando 

OS TRAPECISTAS

 Mirade este espectáculo de trapecistas tan chulo!!

Neste outro vídeo podedes ver todos os que traballan 
no circo "EVOLUTION CIRCUS"
que fomos visitar o ano pasado


15 de mayo de 2018

LETRAS GALEGAS

Esta semana estamos a traballar no colexio a figura da escritora María Victoria Moreno, a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. 

Deixámosvos aquí un enlace á páxina na que se atopa un vídeo dos Bolechas sobre a autora, que se basea no libro, "Mar adiante".





Agardamos que vos guste!

7 de mayo de 2018

A SEMANA DO LIBRO

A semana do 23 de abril celebramos no colexio a semana do libro.
Fixemos un MUSEO DO CONTO
cos nosos contos favoritos





E logo as familias achegáronse ata as aulas dos seus fillos e fillas a ler os seus contos favoritos.

O pai de X. lendo "O tren nocturno" na aula de 3 anos.
A mamá de A. de 4 anos contounos un montón de contos
 "Los amigos de Winnie", "A busca do tesouro"  e "El rey que perdió su corona"
A nai de M. leu o conto "A Carapuchiña Vermella" na clase dos cogumelos
O pai de J.  de 4 anos leunos o libro de Clifford, el gran perro rojo"
A nai de D. lendo ao público de 3 anos "Animais de compañía"
A tía de U. sorprendeunos á clase dos amorodos  cociñando o conto de Kalandraka "A mellor sopa do mundo"
O pai e nai de D. lendo "Un becho estraño" na aula dos cogumelos
A nai de F. lendo aos nenos e neas de 3 anos "El búho que quería ser gallo"

A nai de U. de 4 anos contounos a historia de "La familia Koala"
A nai de X. léndonos "A mosca chosca"
A nai de V. leunos o conto de "A galiña"
O pai de A. agasallou a clase de 3 anos coa lectura de "Los tres cerditos"
A irmá de A. leunos o conto de "Rosa Caramelo"na aula de 4 anos


E recibimos moitos agasallos

Un marcapáxinas coa "Receita da mellor sopa do mundo" e unhas galletas 

Uns marcapáxinas dos amigos de Winie

MOITAS GRAZAS POLAS VOSAS VISITAS...

FOI XENIAL!!!