O pasado 6 de xuño tivo lugar a función do
CIRCO DAS CORES
como remate do noso proxecto de traballo "O circo"
Contou con moit@s artistas do CPI Terras de Maside
Os pallasos da residencia de maiores Casa Grande de Maside
e familiares dunha alumnha do centro que estudian
na ESCOLA DE CIRCO de Santiago de Compostela
CIRCONOVE
Foi unha función moi divertida!!!
Os/as ACRÓBATAS de 3 anos fixeron uns saltos acrobáticos moi simpáticos
@s MAIORETS de 4 anos participaron coa famosa "Danza dos sete brincos"
A continuación actuou o famoso FUNAMBULISTA Víctor
Os PALLASOS de 5 anos sorprendéronnos coas súas bromas
Tivemos uns expresivos MIMOS de 1º Primaria
e os FORTACHÓNS e FORTACHONAS máis famos@s do mundo enteiro
o alumnado de 2º Primaria conquistou os nosos corazóns cun divertido SWING
Divertímonos coa actuacións dos MALABARISTAS e PALLASOS
pero o noso ESPECIALISTA DO DIÁBOLO Isaac conseguiu os mellores aplausos
e os PALLASOS da Casa Grande fixéronnos saltar á pista de baile
Rematamos cos estupendos ARTISTAS DA ESCOLA DE CIRCO de Santiago
CIRCONOVE
MOITÍSIMAS GRAZAS A TODOS OS ARTISTAS participantes pola vosa ilusión e cariño
e a TODOS OS ASISTENTES polos vosos fortes aplausos!!!