Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto O Pitiño. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto O Pitiño. Mostrar todas las entradas

11 de junio de 2015

EXCURSIÓN A OURENSE

O pasado 19 de maio viaxamos ata Ourense para disfrutar da obra musical a "Nena e o grilo" que tivo lugar no auditorio





Ó rematar baixamos camiñando ata o Xardín do Posío





Divertímonos moito xogando xuntos no parque








Mirade que ben o pasamos dándolles de comer aos pavo reais, parrulos e cisnes do parque!!!

17 de marzo de 2015

O NOSO DESFILE DO ENTROIDO!!

Chegou o entroido ao CPI TERRAS DE MASIDE

Como estamos traballando o proxecto dos pitiños decidimos formar esta divertida granxa!!!





Os nenos de 4º de infantil foron os coidadores da nosa granxa e por iso viñeron disfrazados de granxeiros e granxeiras cos seus tractores!!!


Pero.... a quen tiñan que coidar???....a uns guapísim@s pitiñ@s de 4 e 5 anos!!!!


6 de marzo de 2015

OHHHHHHHHHHHHHHHHHHH!!!!

Ola a tod@s. As familias están participando moito na recollida de materiais sobre os pitiños, esta semana recibimos uns cantos videos que os nenos e nenas lle encantaron...
Estamos aprendendo moitísimo e agradecemos a todos a vosa colaboración, non perdades detalle!!!





13 de febrero de 2015

UN PITIÑO NO COLE!!!




ESTES DÍAS NAS CASAS DOS NENOS DE EDUCACIÓN INFANTIL CHEGOU ESTA CARTA...

HOLA AMIGUIÑOS!!

SEGURO QUE ESTADES PENSANDO QUE FAI ESTO AQUÍ.  VERDADE?.

POIS SÍ É UNHA CASCA DUN OVO, ENCIMA DUN POUCO DE PALLA.

E…DE DONDE POIDO VIR ESTE OVO? E A PALLA?

PENSADE UN POUCO…..DENDE LOGO A PALLA VEU DA GRANXA ONDE EU VIVÍA, E EU SON  O POLIÑO QUE NACEU DESTA CASCA.

QUE VOS PARECE SE ME  AXUDADES E INVESTIGADES SOBRE MIN,  COMO ME ALIMENTO?, COMO É O MEU CORPO?, PODO MEDRAR?,CON QUEN VIVO?....

E QUE COUSAS SABEDES VOS?.

NON VOS DIXEN QUE EU SON O POLIÑO PEPE, SI CHAMOME COMO O POLO DO CONTO.


PRONTO TEREDES NOTICIAS MIÑAS. DISFRUTADE E INVESTIGADE.

10 de febrero de 2015

MENUDA VIAXE!!!

Hoxe foi un día fantástico!!! A mañá cediño fomos de viaxe ata a granxa da nai de M.. 
Xa sabedes que  andamos na procura da galiña que deixou os ovos no cole e mirade o que alí había!!!!
Un montón de pitiños esperando por nós. Uns moi grandiños e outros máis pequerrechiños que precisaban de moitos aloumiños e sabedes o que fixemos????Darlle un montón!!!!

Primeiro visitamos uns pitiños xa grandiños
Cos pitiños máis pequenos pasámolo en grande!!!
 




A mamá de M. foi moi amable deixándonos visitar a  granxa e ensinandonos como tratar os pitiños
 Despois tivemos tempo para ir ó auditorio de Ourense, e ver a representación "Contos de Titiritrapo", eso sí, tivemos que facer un descanso para tomar a nosa merenda, que eso non pode faltar!!!


E por último...volta ó cole!!!



9 de febrero de 2015

TEMOS UNHA GALIÑA POÑEDORA NO COLE!!!

Mirade que atopamos na clase o outro dia!! 
Un niño cun ovo aberto...debe andar unha galiña poñedora polo cole de Maside!!!


 Esta galiña deixounos moitos ovos galados nas clases de Infantil
 Menos mal que a profe Ana Rosa de 4º Primaria nos emprestou unha incubadora para coidar os ovos...a ver se nacen os pitiños!!!



PAPIS  E MAMIS precisamos da vosa axuda para saber como coidar os pitiños cando nazcan, que precisan, que darlles de comer... Se tendes información enviádenola ao cole. Moitas grazas!!!