30 de abril de 2013

COCIÑANDO EN ABRIL

A semana pasada estivemos celebrando os cumpleanos de J.C e de C, que cumpliron 5anos. Para elo fixemos uns bombóns que estaban moi ricos e dos que non quedou nin a proba...
Se vos tamén queredes facelos tomade nota.

INGREDIENTES
Chocolate para fundir
Mantequilla ou margarina
Cereais de arroz inflado
Cápsulas para bombóns ou magdalenas

ELABORACIÓN
Fundimos unha cullerada de manteiga e algo máis de media tableta de chocolate no microondas durante dous minutos e medio a máxima potencia.
Despois engadimos dous puñados de  cereais e remexemos todo para colocalo nas càpsulas de papel.
A neveira un par de horas e..."a lambetear".



8 de abril de 2013

EL VIAJE DE ALLIKAY

Hoxe estiveron con nós uns voluntarios da Cruz Vermella, que coma sempre, nos informaron dun montón de cousas das que as veces non somos moi conscientes.
Esta vez estiveronnos falando dun proxecto que se chama "El Viaje de Allikay"  y que podedes coñecer pinchando aquí.
Estivemos moi atentos a todas as explicacións e gustounos saber que temos moita sorte no lugar onde vivimos, por que hai outros nenos e nenas que non teñen tanta, e polos que podemos facer moitas cousas.
Está ben que de vez en cando fagamos ós nosos pequechos ser conscientes do mundo que lles rodea e explicarlles que para outros non é tan facil abrir a billa e beber ou coller o autobús para ir ó cole.




KEBAB DE CUMPLEANOS

O mes de marzo celebramos o cumpleanos de J. e Y.R. Para elo fixemos uns kebabs.
Dispuxemos un montón de ingredientes para que todos encheran o pan de pita co que máis lles gustase.

Cada un fixo unha receita distinta ó seu gusto, mirade que chulo quedou o de un dos homenaxeados.
Ainda que o mellor como sempre foi...soplar as veliñas e pasalo ben cos amigos!!!Felicidades!!!!