Mostrando entradas con la etiqueta andy warhol. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta andy warhol. Mostrar todas las entradas

18 de marzo de 2020

RETO 1: CÁPSULAS DO TEMPO


OLA DE NOVO,
Como xa sabedes, o noso amigo Andy Warhol, cando era pequeno estivo moi enfermo e tivo que estar moito moito moito tempo na casa, por eso desenrolou moítisimo a súa creatividade e se fixo famoso.
Unha das cousas que lle gustaban moito eran as cápsulas do tempo, xa sabedes que iba gardando en caixas diferentes cousas que se iba atopando pola casa. Chegou a facer mais de 650.
Pois ben, dado que nos tamén nos toca estar na casa, que vos parece se facedes a vosa propia cápsula: metede nunha caixa algún obxecto significativo para vós, algunha manualidade ou debuxo que esteades a facer estes días, envolvedea con papel e decorádea, pero non poñades o nome, iso será sorpresa.
 E, cando volvamos a vernos no cole faremos un superxogo de búsqueda de apertura de cápsulas, que vos parece? animádesvos?

Deixamos uns enlaces para que vexades coas familias  para que todos coñezan ao noso amigo Andy