3 de diciembre de 2019

TRABALLAMOS O SENTIDO DO TACTO

Os nenos e nenas de 3 anos quixemos comezar a traballar
polo máis cercano: OS NOSOS SENTIDOS

Comezamos polo TACTO
porque mirade o que nos enviou a familia de L.

Pasámolo moi ben tocando os diferentes materiais e distinguindo entre SUAVE-ÁSPERO, LISO-RUGOSO, ,  DURO-BRANDO, QUENTE-FRÍO, ...






A ver se vos gusta este vídeo sobre o TACTO...

Moitas Grazas pola vosa colaboración!!!

XOGOS DA LINGUAXE

Xa comezamos as nosas clases de
Estimulación da linguaxe
coa profe Noelia


 Pasámolo xenial imitando os Minions



e apagando as candeas


Podedes practicar estes xogos en familia
Son moi divertidos
e ensínannos a falar mellor

2 de diciembre de 2019

CUMPLES DE NOVEMBRO

O martes, 27 de novembro, 

celebramos os aniversarios de todos os nen@s que cumpliron anos no mes once,
e polo seu achegamento ao mes de Nadal 
decidimos convertir a aula de 4 anos nun taller de cociña, onde confeccionamos 

BOCADIÑOS NEVADOS!!!


Os ingredientes foron leite, manteiga, azucre, galletas hoxaldradas, nocilla e raiadura de coco.
 Entre todos puxémonos mans á obra.

 O primeiro paso foi mesturar o azucre coa manteiga.










O segundo paso foi mollar as galletas en leite 

de xeito moi rápido para que non se desfixeran.


 



 Seguidamente untamos as galletas con manteiga ou nocilla.

 





 Agora xa ben recheas, xuntamos dúas galletas,



e o último paso foi rebozalas en raiadura de coco.


E estos deliciosos NEVADIÑOS 

foron o resultado do noso obradoiro de cociña:






 Con todo preparado, entre tod@s cantamos a canción reglamentaria dos aniversarios 
e merendamos os deliciosos NEVADIÑOS.





MOITOS PARABÉNS A TOD@S!!!