31 de mayo de 2019

SAÍDA A PROGAPE E AO AUDITORIO




O pasado 14 de maio fomos de excursión a Ourense, onde visitamos a protectora de animais, "PROGAPE", que tantas gañas tiñamos de coñecer:










Todos cargados con agasallos para a protectora e moi ledos coñecemos o lugar onde viven os cans e gatos que non teñen un fogar.

























O que máis nos impresionou foi ver  uns gatiños recén nacidos que atoparon no lixo, e unha vez recollidos, deixáronos na  protectora, onde lle están a dar biberóns para que poidan sobrevivir sen a súa mamá.











A un gatiño, por coincidir coa visita do cole de MASIDE, puxéronlle de nome "MASI":


Despois de coñecer todas as instalacións e as persoas que alí traballan ( dúas coidadoras,unha persoa para a limpeza e un veterinario), despedímonos de todos os animais:








E marchamos cara a cidade para disfrutar dunha sesión de títeres no Auditorio Municipal, pero antes
de entrar, repuxemos forzas tomando un tentempé:



E agora chegou o turno de disfrutar do espectáculo de monicreques "GUYI-GUYI":




CANTO DISFRUTAMOS E QUE BEN O PASAMOS!!!!!!