Mostrando entradas con la etiqueta animais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta animais. Mostrar todas las entradas

29 de junio de 2020

BÚSCANSE FAMILIAS ADOPTIVAS PARA PIPER E BAMBI!!!

Como ainda non sabemos como serán as medidas plantexadas para o novo curso escolar e non poderemos coidar no cole dos nosos coellos PIPER e BAMBI decidimos que o mellor para eles sería tratar de buscarlles unha familia adoptiva que queira coidalos. 


Se estades interesad@s ou coñecedes a alguén que o esté só tendes que escribir un correo a infantilmaside@gmail.com e porémonos en contacto convosco. 

8 de mayo de 2019

Día de Excursión

O pasado 2 de maio foi un día moi especial.
Arrancamos pola maña ata Outomuro para pasar toda a maña rodeados de cabalos, ata coñecemos un cabalo e un burro que son famosos, despois de comer tivemos un ratiño de xogo no parque, e, a continuación fomos a Pereira (A Merca) para dar de comer a un montón de minicabras. A merenda tocou en Ulfe (Cartelle) na vivenda de maiores O solpor, onde levamos unha casiña para dar de comer aos paxariños e tamén axudamos aos maiores a colgar uns carteis nas árbores que tiñan plantadas.
Foi un día esgotador pero moi moi divertido e didáctico




8 de marzo de 2019

OS FELOS DE MASIDE VEÑEN AO COLE

Este ano o noso centro está a participar no PLAN PROXECTA
para traballar a defensa dos animais.
Estamos a levar a cabo a actividade de "Visita das nosas mascotas"


O pasado mércores 27 de febreiro
tocou  a quenda dos cabalos

e aproveitando que era a semana do entroido 
tamén nos visitaron disfrazados  co traxe típico de entroido da comarca, 

FELOS DE MASIDE

MOITAS GRAZAS A TOD@S
POLA VOSA COLABORACIÓN NO PROXECTO!!



17 de enero de 2018

ANIMAIS QUE VIVEN DA AUGA

Esta semana  vimos uns vídeos de animais da auga

Se pinchades aquí podedes velos....





                           Seguro que vos gustan!!