Mostrando entradas con la etiqueta Tradicións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tradicións. Mostrar todas las entradas

14 de noviembre de 2014

O NOSO MAGOSTO!!!

O  día do magosto pasámolo xenial. Comezamos a mañá facendo un "Photocall" moi axeitado co día, despois seguimos facendo actividades para dar paso a un xantar popular con chourizo, empanada, bica e ata chocolate...e por suposto castañas!!!
Tras a enchenta a xogar!!!!!!!! No cole de maside encántannos os xogos populares, e eso que as condicións metereolóxicas non nos acompañaron moito...
Disfrutade da reportaxe!








10 de noviembre de 2014

SAMAÍN NO COLE!

Pois o prometido é débeda!!!!Aí van algunhas fotos das actividades que fixemos durante o Samaín...Terrorífico!!!!!!!!!






5 de noviembre de 2014

CONCURSO DE CABAZAS

Como todos os anos polo Samaín, convocouse un premio para as cabazas máis divertidas e orixinais. Este ano aquí están os premiados!!!
Non vos perdades a nosa festa de Samaín en próximas entradas!!!!
Que meeeeeeeeeeedoooooooooooooo!!!!
O noso gañador de infantil estaba guapísimo. Noraboa para Q. da aula de 3 anos.


GRACIAS!!!

Como xa sabedes dende o ano pasado temos un proxecto educativo que conta cun Horto Escolar ó que nos adicamos con moito xeito (bueno...uns máis que outros...). Ben é certo que este ano se non chega a ser pola axuda da Residencia de maiores "Casa Grande" de Maside o noso horto non tería sobrevivido o verán.
Por eso lle quixemos agradecer a Lucrecia, Julia e Adelaida, a súa dedicación na época estival no cuidado do horto, ben preparadiño nolo deixaron para comezar o noso curso.


GRACIAS A TODAS ELAS POLA SÚA COLABORACIÓN!!!


4 de marzo de 2014

DISFRACES MOI ORIXINAIS

O concurso de disfraces de Entroido foi todo un éxito, a cousa estivo moi complicada e o xurado non o tivo nada fácil.
Finalmente en Educación Infantil gañou a nosa compañeira de 3 anos, E.
Encantounos o seu disfraz!


 Todos estaban moi guapos...mirade unha pequena escolma e disfrutade!






¡Un día para lembrar!

 



AS AULAS DE ENTROIDO!

O venres 28 celebrouse no noso centro o Entroido. Tivemos xantar especial e todo...e cal vos parece que foi?? Pois un cocido de entroido claro!
Despois de xantar puxemos os nosos disfraces para non parar de bailar.
Agradecemos as familias que colaboraron no concurso coa confección dos seus traxes. E o resultado foi este que vedes.

Os peques de 3 anos todos guapos cos seus traxes "históricos"


Os de catro anos non quixeron ser menos cos seus disfraces!


E mirade que guapísimos os peques de 5 anos!



25 de febrero de 2014

VISITA DOS FELOS DE MASIDE

Hoxe tivemos unha visita moi pero que moi especial.
Viñeron ó cole Saro e Ivanka a explicarnos o traxe de entroido tradicional do concello de Maside. Tivemos uns modelos fantásticos,os nosos compañeiros Álex e Brais que foron moi pacientes para ensinarnos o disfraz.
Se queredes ser uns auténticos Felos tedes que levar un gorro con espellos e fotos, tamén unha camisa branca, pantalóns con axouxeres, un faxín dunha cor que  vos guste, quentadores con moitas cores e de xeito opcional facédevos cun cabalo!!!
Se queredes ver os Felos de Maside o domingo de entroido sairán  do Pozo do Lago ás 10h farán un percorrido por Maside- San Fiz- A Touza- Louredo- Garabás para voltar a Maside e o Pozo do Lago.
Parece que este Entroido vai a ser xenial...e eso que aínda acaba de comezar!!!!
¡QUE VIVA O ENTROIDO E.... QUE VIVA MASIDE!