31 de marzo de 2020

RETO 4: COREOGRAFÍA

Aquí vai o RETO 4!!!

Gustaríanos  pedir a vosa axuda 

para transmitir moito ánimo e alegría
a todas as persoas que están na casa neste momento.

Esta semana debedes facer un pequeno VÍDEO 

onde se vos vexa bailando ou cantando esta canción. 



Aínda que se o preferides podedes enviar unha FOTO 

con algun debuxo ou mural con mensaxes de ánimo.


  




Que vos parece? 
Seredes capaces de superar este reto???

Agardamos que sexa moi divertido!!!

E, aquí o resultado final:

ANIVERSARIOS DE MARZO

PARABÉNS A TODOS OS NENOS, NENAS 

E PROFES 

QUE ESTADES DE CUMPLE 

NESTE MES DE MARZO!!!










 

e agora.... a comer:

  

despois de soplar as "velas"






MOITOS BICOS E UN TURRÓN DE ORELLAS VIRTUAL!!!

INFORMACIÓN IMPORTANTE



Ante a situación actual, a Xunta de Galicia abre o prazo para solicitar a axuda as familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar durante a suspensión do comedor, Esta axuda pódena solicitar os usuarios con gratuidade total do servizo de comedor ou os que pagan 1 euro
Aquí tedes o enlace ao DOG:

AXUDAS COMEDOR

As familias que solicitedes a axuda enviade os datos ao correo infantilmaside@gmail.com, os datos que tedes que adxuntar son: Nome e apelidos do alumn@, Nome e apelidos do titular da conta bancaria e IBAN da mesma. Despois xa se tramitan as solicitudes dende o  colexio, así xa non tedes facer mais trámites

Un saúdo familias

cpi maside


Nota: o alumnado de 5 anos envíadeo por mensaxe no clasdojo

30 de marzo de 2020

VAN CHEGANDO OS RETOS...

RETO 1: CÁPSULA DO TEMPO







 

RETO 2: OBRAS ARTÍSTICAS DE ANDY WARHOL

Andy sabía moito de confinamentos e de reciclaxe, xa que lle gustaba facer obras de arte con cousas que topaba pola casa.

Mirade as que comezaron a chegar:



arte con pinturas feitas na casa
arte con macarróns

pop art

                

                    

                
                     




Bo traballo chic@s, estas obras de arte son estupendas

27 de marzo de 2020

RETO 3: TOD@S A COCIÑAR!!!

Como xa sabedes todos os meses
tócanos cociñar un postre
para celebrar os cumples.

Este mes de MARZO foinos imposible 
celebrar o noso obradoiro de cociña 
debido a esta cuarentena que nos fixo quedar a tod@s na casiña.

Pero as profes de Infantil xa argallamos algo...

Que vos parece se lles celebramos un cumple moi especial
aos "cumpleañer@s" deste mes???


O RETO de hoxe consiste en ...
facer o POSTRE que vos queirades na casa,

 Antes de nada non podemos esquecernos de lavar as mans!!!
Podedes lavalas con esta canción de Migallas


logo xa podedes comezar a cociñar,

poñédelle unhas "velas" a vosa sobremesa cando esté lista
e dende cada casa 

desexarémoslles a tod@s un
"Feliz aniversario"!!!


Esperamos os vosos vídeos e fotos
en infantilmaside@gmail.com

25 de marzo de 2020

AS NOSAS EMOCIÓNS NESTES DÍAS...

Estes días están sendo un pouco raros
e o MONSTRO DE CORES non sabe 
que facer, nin que é o CORONAVIRUS,,,

Estade atent@s a este conto...






Como vos sentides vos? 

Tod@s @s profes estámos moi preocupados de cómo estades 

a pasar vos e as vosas familias estes días...


Encantaríanos que nos envíedes algunha mensaxe de como vos estades sentindo, algunha foto do que estades a facer, que nos contedes se vos gustan os nosos retos ou son moi aburridos, que nos propoñades novos retos divertidos...


Todo o que se vos ocorra ou nos queirades contar ou pedir

envíade ao correo de infantilmaside@gmail.com


MOITO ÁNIMO 

UNHA MOREA DE BICOS E APERTAS!!!!




23 de marzo de 2020

RETO 2: ARTE CON ANDY WARHOL

Que tal vos foi coas cápsulas do tempo?

Imos seguir propoñéndovos RETOS
para facervos máis divertidos estes días na casa.

RETO 2: ARTE CON ANDY WARHOL

No cole xa coñecemos a este artista,

e fixemos algunhas obras  POP ART.


Mirade estas fotos e logo debedes facer unha obra artística

e enviarnos unha foto ao noso correo

infantilmaside@gmail.com



Mirade o que fixemos para celebrar o DÍA DE ROSALÍA




                                 E no ENTROIDO pasámolo xenial                               

                              pintando as pelucas de Andy Warhol!!!











Aquí tendes outro par de ideas...

MANTELES DIVERTIDOS



ARTISTAS A  TRABALLAR!!!