Mostrando entradas con la etiqueta proxecto volta ó mundo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta proxecto volta ó mundo. Mostrar todas las entradas

8 de abril de 2013

KEBAB DE CUMPLEANOS

O mes de marzo celebramos o cumpleanos de J. e Y.R. Para elo fixemos uns kebabs.
Dispuxemos un montón de ingredientes para que todos encheran o pan de pita co que máis lles gustase.

Cada un fixo unha receita distinta ó seu gusto, mirade que chulo quedou o de un dos homenaxeados.
Ainda que o mellor como sempre foi...soplar as veliñas e pasalo ben cos amigos!!!Felicidades!!!!

5 de marzo de 2013

CUMPLEANOS DE FEBREIRO


No mes de febreiro estiveron de aniversario os nosos  compañeiros Y.D. , L. e tamén a nosa amiga S.…¡¡Parabens para os tres!! 

Para celebralo como eles se merecen no noso taller de cociña deste mes fixemos : Maskina , unha tarta de froitos secos típica de Exipto que é o pais que estamos coñecendo  a través do proxecto que estamos a desenvolver o longo deste curso “ A volta o mundo”.
¡¡Mirade como quedou!!   ¡¡e que  riquissísima estaba a tarta…!!



26 de febrero de 2013

COÑECEMOS REINO UNIDO!!


Este mes de xaneiro os nenos e nenas coñecemos REINO UNIDO. Comezamos por Londres, xa que era a cidade onde vivía o señor Fogg co seu maiordomo e onde ademais comezou o conto da viaxe ao mundo. Este mes enviounos por correo un mapa de Londres, un xogo de cartas cos lugares que debíamos visitar alí…e ata un conto de Nessie, o monstro do lago Ness que vivía en Escocia, moi preto de Londres….que ben o pasamos disfrazándonos!!
Ademais buscamos Reino Unido no libro que enviou a familia de Luis de 4 anos e aproveitamos o noso taller de cociña para preparar unha sobremesa moi típica….galletas de xenxibre!!! … A profe Jenna contounos en inglés o conto de “El hombre de jengibre” e ensinounos a saudar, dar as grazas, pedir por favor…en inglés!!


 

18 de febrero de 2013

DENDE OUTRO PAÍS

Como outros anos no noso cole contamos cunha auxiliar de conversa de lingua inglesa.
En Educación Infantil estamos encantados pois con ela facemos xogos, escoitamos contos... e en xeral actividades habituais pero en lingua inglesa.
Jenna a nosa lectora, vive en California e ensínanos tradicións do su pais e nós estamos felices de que nos axude a medrar con outros coñecementos. Gracias Jenna!!!


7 de febrero de 2013

O NOSO AMIGO MISTERIOSO

Cando chegamos en setembro ao cole comezamos a recibir cartas nas aulas de Infantil dun “amigo misterioso” con pistas para adiviñar o seu nome…. Despois de ler moitas, conseguimos descubrir que quen as enviaba era…. Philleas Fogg!!!, o protagonista da novela “Viaje al mundo en 80 días”, escrito por Julio Verne. Como moitos nenos e nenas non tiñan este conto, o señor Fogg enviounos un para cada rapaza e rapaz como agasallo e vimos a película que trouxo A. de cinco anos. Propúxonos ir con el facer unha viaxe polos países por onde el viaxara. Tamén coñecemos a biografía de Julio Verne…. e fixemos a nosa coa axuda das nosas mamis e papis!! Antes de saírmos dar a volta ao mundo, regalounos un mapa do mundo, ensinounos unha canción e preparamos os pasaportes que deberemos selar en cada país ao que viaxemos…. Xa estamos preparados para comezar a nosa viaxe polo mundo no 2013!!!!!