21 de diciembre de 2018

DEBERES PARA O NADAL

Familias, xa estamos en Nadal, vedes como o tempo pasa voando? disfrutade moito nestes días, agasallade moito tempo e moitos abrazos, comede moito turrón e sede moi moi felices cos vosos peques:




     














TRABALLAMOS O NADAL

Co profe Manuel fomos ata a aula de informática 
e estivemos a traballar o Nadal...

 Coloreamos...


 fixemos puzzles...



 e superamos laberintos!!


e tamén xogamos coa pizarra dixital

Pasámolo xenial!!!

14 de diciembre de 2018

CELEBRAMOS OS CUMPLES DE DECEMBRO COAS VISITAS LECTORAS!!!

O día de onte foi diferente
Pola mañá preparamos unha tarta para celebrar os cumples de decembro
"TARTA DA AVOA"

Primeiro mollamos as galletas no leite







e fomos colocándoas no molde
 
                                Logo engadimos unha capa de natillas e outra de chocolate


Estaba tan boa que se lambían ata os dedos!!! 

E pola tarde tivemos á familia de Martina 
que nos leu o conto de 
"Las tres mellizas en el valle de Nuria"
 


                             
                                      e A Rocío, unha amiga de Uxia Rod que nos contou a historia de
                                                                        "A toupiña e o outono"


 



Ó rematar o conto agasalláronnos cunhas ameixas que aparecían no conto...tamén había kiwis para os que o preferisen!!

Rematamos cantando "Cumpleaños feliz",
Y., A. e A. cumprin os 3 anos, D. 4 anos e U. e A. 5 anos


soprando as velas


e saboreando a tarta de cumple!!!





FOI XENIAL!!!

MOITISIIIMAS GRAZAS A TOD@S!!!


12 de diciembre de 2018

VISITA DE PABLO NOGUEIRA

Co motivo da celebración do DÍA DA INFANCIA e OS DEREITOS DO NENO-A, que se celebrou o pasado 10 de decembro, tivemos unha sorpresa:

A visita de PABLO NOGUEIRA,   mestre de Audición e Linguaxe, que o curso pasado estivo no noso cole traballando e escritor dun fantástico libro titulado "NUBE BRANCA".


  

Pablo presentounos o seu libro e contounos a historia de Nube Branca a tódolos nenos-as, dende infantil ata cuarto de primaria.





 

 





Achegándose ao final do conto o profe Manuel non deixou que o rematase para presentarlle a Pablo unha sorpresa que lle tiñan os nenos-as:
PRESENTÁRONLLE FINAIS ALTERNATIVOS AO SEU CONTO:













 A Pablo gustáronlle moito os diversos finais, orixinais, creativos, imaxinativos e diferentes.
Fixérono xenial, MOITOS PARABÉNS POLO SEU TRABALLO.


 E despois tocoulle a  Pablo contarnos o seu final de Nube Branca.


 Pero ainda tiña máis sorpresas, os nenos-as regaláronlle un libro de debuxos feito entre todos-as sobre "NUBE BRANCA"


QUE FERMOSO!!!!


Finalmente Pablo, cheo de ledicia e emocións, para que non o esqueceramos, deixounos a súa pegada firmándonos autógrafos.


Foi unha experiencia fantásticamente maravillosa, MOITAS GRAZAS PABLO pola túa dedicación.