22 de marzo de 2019

VISITAS LECTORAS DE XANEIRO E FEBREIRO

En Xaneiro disfrutamos de tres contos 
que nos contaron estas mamis



empezamos co conto de Super Iván



logo chegou un conto do coelliño



e por último o conto tradicional e sempre aplaudido
 de "Os tres porquiños"

E en febreiro outras catro mamis
viñeron a contarnos una par de contos mais...





Dúas mamis da aula de 3 anos
contáronnos o conto de Dona Carme


 

e por último escoitamos o conto de "O Principiño"





MOITISIMAS GRAZAS A TOD@S
POLA VOSA COLABORACIÓN!!

 










CUMPLES DE FEBREIRO



Coincidindo co Entroido, no mes de Febreiro elaboramos un postre típico destas datas: Rosquillas


E, como temos compañeirxs alérxicxs, decidimos elaborar rosquillas saudables, aquí tedes a receita:

3 ovos
250 gramos de fariña de espelta
250 gramos fariña de avea
Esencia de anís
Leite sen lactosa
30 gramos de aceite de oliva virxen extra
100 gramos de azucre moreno
Azucre glas
1 sobre de levadura
Raiadura de limón

Mesturamos os ingredintes ata facer unha masa, logo imos cortando a masa e facendo as rosquillas, cocemos durante 8 minutos no forno a 180 grados e decoramos con azucre glas.

Pasámolo xenial facendo as rosquillas, logo comemolas xunto cas familias que nos acompañaron ese día nas visitas lectoras:






 





8 de marzo de 2019

8 DE MARZO

Aproveitando que hoxe é o DÍA DA MULLER
queremos lembrar que todos e todas
debemos loitar pola igualdade!!!


OS FELOS DE MASIDE VEÑEN AO COLE

Este ano o noso centro está a participar no PLAN PROXECTA
para traballar a defensa dos animais.
Estamos a levar a cabo a actividade de "Visita das nosas mascotas"


O pasado mércores 27 de febreiro
tocou  a quenda dos cabalos

e aproveitando que era a semana do entroido 
tamén nos visitaron disfrazados  co traxe típico de entroido da comarca, 

FELOS DE MASIDE

MOITAS GRAZAS A TOD@S
POLA VOSA COLABORACIÓN NO PROXECTO!!



6 de marzo de 2019

ENTROIDO


Fixemos un pequeno resumo da emocionante semana do Entroido, agardamos que vos guste:



1 de marzo de 2019

QUE BEN O PASAMOS NO ENTROIDO

Este ano preparamos un PHOTOCALL DO ENTROIDO
con todos estes traxes de entroido...
 PANTALLA de Xinzo
CIGARRÓN de Verín
e FELOS DE MASIDE

  









Logo posamos todos moi guap@s



e fixemos caso dos MANDATOS DO MECO




QUE BEN O PASAMOS!!!!