19 de enero de 2015

CÓNTAME UN CONTO

Fai uns días tivemos a sorte de ir á biblioteca de infantil e...sorpresa!!!Ali nos estaban esperando para unha sesión de contacontos moi divertida.
Rimos moito por que nos encanta que nos veñan a contar historias novas e divertidas. Aproveitamos para dicirvos que os nosos pequenos encántalle que lle contedes contos na casa, asi que...xa sabedes!!!Sempre é bo momento para ler e imaxinar novas aventuras.


12 de enero de 2015

FESTIVAL DE NADAL

Para pechar o primeiro trimestre, os nenos e nenas de Educación Infantil fixemos unha actuación no Festival de Nadal, que este ano se celebrou grazas a boa vontade dos membros do  IES nº1 do Carballiño que nos prestaron as súas instalacións.
Interpretamos a panxoliña "O Tempo do Nadal" que a todos lles gustou moito.


Premede neste video e veredes que actuación!!!


8 de enero de 2015

Día do troco

DÍA  DO  TROCO

No colexio antes das vacacións do Nadal fixemos un troco de xoguetes.

 Tod@s participamos e trocamos os nos@s xoguetes e despois fumos o patio cos novos xoguetes. 

 

 

 

 

Pasámolo moi ben.