31 de mayo de 2020

ANIVERSARIOS DE MAIO

Hoxe remata maio 
e cuns trampantollos ou receitas tramposas 
queremos celebraremos os vosos ANIVERSARIOS!!!!

MOITOS PARABENSS!!!



 





                                       


 

28 de mayo de 2020

RETO 19: FACEMOS UNS COMEDEIROS DE PAXAROS

XA CHEGOU A PRIMAVERA!!!!
E con ela o sol, as flores, os paxaros e moitos froitos!!!
Que vos parece se nesta semana preparades uns COMEDEIROS PARA OS PAXAROS
 que viven polos nosos montes e aldeas?

Aquí tendes algunhas ideas…


 

             


Coidemos entre tod@s do noso medio ambiente!!!!

 
  
  





Mentres os facedes podedes cantar estas cancións
que tanto vos gustan...


25 de mayo de 2020

RETO 18: TRAMPANTOLLOS

Ola de novo raparig@s, estase achegando o momento de celebrar os cumples do mes de Maio, e, esta vez imos facer receitas tramposas.
Sí, tramposas, desta vez non teredes que facer un postre, senon que teredes que elaborar   trampantollos, ¿sabedes o que son? pois son pratos que parecen unha cousa pero son outra, mirade:
  Menú do Mcdonalds? Nooon, hamburguesa de froitas e patacas fritas de mazá

 xeado? Noooon, biscoito de iogur


 patacas fritas con ovo? Noon, melocotón con requeixo e patacas fritas de mazá con maionesa de iogur

 Ovos ao prato? Nooon, melocotóns con iogur e froita escarchada


 Salchichón? Sí, pero de chocolate



Animádesvos a facer trampantollos? Pode ser moi divertido, esperamos as vosas receitas,
aquí tedes algunhas receitas:
https://cocina.facilisimo.com/trampantojos-para-ninos
 http://aquisecuecejugando.blogspot.com/2017/03/trampantojos-10122016.htmlhttps://cookpad.com/es/buscar/trampantojo


A COCIÑAR E DIVERTIR
SE

VAN CHEGANDO AS VOSAS CREACIÓNS

 
Picade nestes enlaces para ver as vosas suxerencias de CONTOS EN GALEGO 
e os vosos VÍDEOS






NORABOA A TOD@S @S ARTISTAS!!!

SODES XENIALES!!!

21 de mayo de 2020

RETO 17: FACEMOS UNHA PELI

Que tal o estades pasando?

Esperamos que ben!!!

Atentos a este vídeo para facer este RETO

Neste enlace esta familia galega 

cóntavos como fixo a súa peli

XORNAL


 Animadesvos vos a facer unha peli??

Para este RETO  tamen podedes empregar un móvil para meter animais na vosa historia...

Atento ás instruccións deste vídeo....

Esperamos uns vídeos moi orixinais!!! 

en: infantilmaside@gmail.com


18 de mayo de 2020

RETO 16: DICIONARIO DE PALABRAS FERMOSAS EN GALEGO

Ola rapazas e rapaces, xa que onte foi o día das letras galegas, qué mellor reto que homenaxear a nosa língua. Animádesvos?

Facede algunha foto creativa con unha palabra en galego, podedes xogar coa perspectiva, coa luz, cos planos, compoñer palabras con cousas que teñades pola casa, con flores, podedes escribilas en area, azucre.....
En definitiva podedes disfrutar homenaxeando a nosa língua, e xa que estamos nunha situación tan peculiar mellor que  as palabras sexan  positivas, e de ánimo
As fotos que vaiades enviando a infantilmaside@gmail.com irémolas engadindo ao noso dicionario de palabras fermosas en galego:


15 de mayo de 2020

RETO 15: HOXE TEMOS O RETO DAS LETRAS GALEGAS!!!

Como xa sabedes o 17 de maio
é unha data importante en Galicia
porque hoxe é ...
o DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!

Este ano está adicado a

RICARDO CARBALLO CALERO


Se queredes coñecelo un pouco mais
con xogos, vídeos... ACTIVIDADES INFANTIL

Clicade no enlace para xogar en familia:

´
ADEMAIS HOXE TEMOS UN RETO EN GALEGO!!!!

Debedes elexir un libro en galego que vos guste
e sacarvos unha foto co conto...
pero cunha condición...
debedes ir vestid@ como na portada do conto, 
como o/a protagonista do conto,
ou algunha outra personaxe!!

Tamén sería moi divertido facelo en familia
con varias personaxes  do conto,
non vos parece?

As profes de infantil xa fixemos as nosas:



 

Picade neste enlace para ver as vosas suxerencias en galego...


Os BOLECHAS, que teñen tantos contos en GALEGO, 
vanvos dar uns consellos moi importantes...

Aquí vos deixamos tamén un par de cancións 
das BANDAS INFANTILES GALEGAS máis molonas
para cantar e bailar coma tol@s neste día tan especial!!!



11 de mayo de 2020

RETO 14: TUNEAMOS A NOSA ROUPA

O RETO  desta semana será tunear a vosa roupa

Que vos parece??


Aquí tendes un par de vídeos con ideas....






Esperamos as vosas fotos e vídeos  tuneando a vosa roupa

en: infantilmaside@gmail.com 

Xa temos algunhas, e son impresionantes, mirade:












7 de mayo de 2020

RETO 13: PROXECTO " O PULPO"

Xa sabedes que agora estabamos comezando a traballar
no noso novo proxecto de traballo "O POLBO"

Aquí tendes un par de vídeos moi interesantes...




o noso RETO de hoxe consistirá en facer
un polbo do máis orixinal !!!

Podedes facelo en papel, cartón, , con "lana", 

ou en papiroflexia para os máis atrevid@s...


Esperamos os vosos "POLBOS" no noso correo!!!