25 de junio de 2018

REMATOU O CURSO 2017 /18

Esta semana rematamos as clases cun montón de sorpresas...

 Disfrutamos dun contacontos a cargo da especialista en teatro Sabela...







Animamos no partido de fútbol entre profes e alumnos que quedou moi igualado (5-5)...



Visionamos a  película "El gran showman" que nos contaba os inicios do circo...


e fixemos unha  gran festa de despedida!!!
 

Dende aquí tamen nos gustaría despedir dos nosos brillantes alumnos/as de 5 anos
que para o próximo curso marchan para Primaria...

MOITAS FELICIDADES!!!!












BOAS VACACIÓNS!!!!

22 de junio de 2018

CUMPLES DE XUÑO, XULLO E AGOSTO

Neste mes de xuño decidimos celebrar os aniversarios dos nenos e nenas

 que cumplen en Xuño, Xullo e Agosto


Decidimos cociñar unhas "MADALENAS DE CORES"


Aquí vos deixamos os pasos por si queredes probar a facelas en familia...

  1. Engadimos nun cunco: 3 OVOS, 60 gr de ACEITE DE XIRASOL, 1 culleriña de VAINILLA e 1 IOGUR e batemos todo durante un par de minutos.

  2.  Engadimos 130 gr. de AZUCRE e volvemos misturar.
  3. Misturamos medio sobre de LEVADURA e 250 gr. de FARIÑA. Engadimos esto no cunco, botamos un chisco de SAL e batemos mooooi ben.
  4. dividimos a masa en varias cuncas e engadimos a cada un algo de tinte alimentario.
  5. Servimos unha cullerada da masa en cada papel e poñemos nunha bandexa de forno,
  6. Metemos uns 20 min no forno, xa prequentado a a 180º
  7. Sacámolas do forno, deixámolas arrefriar, decorámolas con azucre ou estreliñas....e xa están listas para comer!!!


Estas madalenas de marcianos estaban boísiiiimas!!!

21 de junio de 2018

IMOS A MARCELLE!!!

Despois de traballar o proxecto do circo
concluimos que NON QUEREMOS CIRCOS CON ANIMAIS
Encántanos ver os ANIMAIS EN LIBERDADE!!!

 Así que marchamos o día 13 de xuño a Marcelle a ver moitos animais...

Dende alí pretenden educar aos nenos e as nenas na conservación da natureza e protexer a fauna silvestre!!

    MARCELLE


Fomos cuns monitores a ver CABRAS, LINCES, OSOS, BURROS, LOBOS....



Co cansad@s que estabamos despois de tanta ruta vendo animais 

xantamos fenomenal!!!




 
 

e algúns ata durmimos no autobús...