Mostrando entradas con la etiqueta proxecto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta proxecto. Mostrar todas las entradas

6 de febrero de 2020

OS MONXES DE OSEIRA VISITAN MASIDE

Os monxes de Oseira enteráronse de que nos gustaría 
saber moitas cousas sobre o "PULPO" ANTÓN
e decidiron vir ata Maside...
 

Contáronnos que foron eles os primeiros que introduciron o polbo dende Marín ata o  Carballiño...de camiño a Oseira...
Explicáronnos como era a súa vida no Mosteiro de Oseira 
Deixáronnos un par de libros moi interesantes da súa biblioteca, 


emprestáronnos un traxe de monxe





e convidáronnos a ir a visitalos!!!

MOITISIMAS GRAZAS!!

27 de mayo de 2019

O CORPO HUMANO

Neste último trimestre seguimos a traballar
O PROXECTO DO CEREBRO E O CORPO 


Mirade este vídeo... é moi interesante!!!


23 de noviembre de 2018

APÓCEMA DA MEIGA LOLA

A Meiga Lola preparouse para elaborar unha 
APÓCEMA DA CALMA


 Antes de nada tivo que xuntar os seguintes INGREDIENTES:
- MISTURA DE FOLLAS VERDES
- MEXO DE GATO NEGRO
- POLVOS MÁXICOS


Hai que ir misturándoos con moito coidado 
repetindo as seguintes verbas:

"RABO DE BOI, RABO DE BESTA,
A APÓCEMA XA ESTÁ FEITA,
REMEXÉMOLA CON UNHA XESTA"




e sairanos unha APÓCEMA DA CALMA
que tranquilizará ata un bravo dragón


Logo debemos poñer un puntiño de apócema en cada meixela
e xa quedarás ben relaxad@ e tranquil@!!!








MOITAS GRAZAS MEIGA LOLA!!!!

24 de mayo de 2018

Estes días estamos traballando 

OS TRAPECISTAS

 Mirade este espectáculo de trapecistas tan chulo!!

Neste outro vídeo podedes ver todos os que traballan 
no circo "EVOLUTION CIRCUS"
que fomos visitar o ano pasado


20 de febrero de 2018

DESFILA O CIRCO DE MASIDE!!

Co comezo do novo proxecto de traballo 

O CIRCO

Decidimos desfilar no entroido así de guap@s!!


 

A ANPA diunos unha deliciosa merenda  de chocolate e biscoito







Rematamos o  día bailando na praza de Maside

Foi divertidísimooo!!!









Aquí está a nosa canción preferida do CIRCO


5 de febrero de 2018

COMO FUNCIONA UNHA DEPURADORA



Xuntámonos todos no salón de actos do cole para realizar unha actividade grupal. comenzamos co visionado do corto: "Auga prestada, devuelvela depurada".



Agora xa sabemos que a auga e un ben que temos que coidar porque se pode esgotar e por eso debemos depurar a auga. Agora contarémosvos os pasos que son precisos para realizar unha na casa.


En primer lugar nunha botella cortada, poñémoslle na boca un anaco de algodón.



Entre cada unha das capas de diferentes materiais que empregaremos, imos poñer unha gasa.


 No segundo paso temos que engadir un pouco de carbón.


Despois poñémoslle area moi finiña, da praia.


Poñemos outra capa de grava.


E por último añadimos outra capa de pedriñas



Xa estamos listos para probar a DEPURADORA CASEIRA



Vertemos auga moi, moi oscura, que tiña areas, herbas, follas,...





E... a auga que saiú estaba bastante limpa



18 de diciembre de 2017

XOGAMOS COA XEADA E O XEO

XOGAMOS COA XEADA E O XEO.

 Nestes días está a facer moito frío, tanto que  onte pola noite, caeu unha gran XEADA  e hoxe cando chegamos o cole, todas as herbiñas estaban brancas e cruxientes.

 Estaban cubertas de XEADA. Descubrimos que a xeada é moi fría e que se convirte en auga o quentarse.










Outro día quixemos comprobar se facía tanto frío como para que a auga se convertise en xeo. Por iso deixamos uns recipientes no  exterior do colexio  con auga 


O día seguinte cando chegamos o colexio fumos a ver o que pasou ......


A auga estaba completamente conxelada , dura, e moi fría. A auga co frío convertiuse nun SÓLIDO.