28 de junio de 2019

FIN DE CURSO

Estes últimos días de curso foron moi intensos..


tivemos que rematar o proxecto do corpo humano...





despedirnos de Manchiñas, Piper e Bambi...


 
  



despedir aos nenos e nenas de 5 anos

 cunha festa de graduación...






e facer unha festa de despedida para tod@s!!!


 
 





BOAS VACACIÓNS A TOD@S!!!

27 de junio de 2019

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

Durante este trimestre estivemos traballando o cerebro e o corpo humano e o día 19 de xuño viaxamos ata Coruña para visitar a Domus e afiazar os nosos coñecementos.





Xa na entrada, recibiunos o señor "Esquelete",ao que miramos con moita atención.


Seguidamente nos dispuxemos a explorar toda a sala de exposición sobre o home.












Fixemos un descanso na sala de picnic para disfrutar dun maravilloso xantar con vistas ao mar.






Xa repostas  as nosas forzas continuamos a viaxe pola sala de exposicións.






Coñecemos a Santiago Ramón y Cajal, descubridor das neuronas.



Observamos  cerebros de diferentes seres vivos.




Xogamos coas emocións e descubrimos ó protagonista da sala:
O GRAN CORAZÓN que puidemos atravesar e escoitar.





E finalmente medímonos ante a copia da escultura de Miguel Ángel,"EL DAVID".



Asemade aproveitamos a viaxe para visitar o "AQUARIUM FINISTERRAE",




onde disfrutamos de diversos ecosistemas mariños,




















 coñecemos diversos apeiros como nasas,bollas,...






 e manipulamos ósos de baleas.




Xa se acercaba a hora da volta á casa pero antes fixemos unha parada no merendeiro da Torre de Hércules para disfrutar dunha relaxante paixase e merenda.




Tan relaxante que algúns nen@s ao subir ao autobús xa se quedaron durmidos.





CANTO APRENDEMOS E QUE BEN O PASAMOS!!!!!