29 de noviembre de 2018

25 de NOVEMBRO

 En colaboración co Equipo de Convivencia o día 26, luns, todo o cole  festexamos o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
A semana anterior cada nivel na súa aula elaborou un bocadillo en relación co tema onde se manifestaron os pensamentos dos nenos-as. 
O noso así o fixemos :


Os nenos-as de tres anos plasmaron a silueta das súas mans:


Os de catro repasaron moi ben o seu contorno:




E os de cinco enchéronas de accións positivas que podemos facer para tratar de mellorar as nosas convivencias.


E este foi o noso resultado:




Despois pegámolo no corredor para que todos-as o puidesen observar e pouco a pouco ir acumulando máis.


E finalmente quedounos un mural de comics fantástico:



Como colofón para conmemorar o 25N todo o cole escoitamos e visualizamos a canción "LA PUERTA VIOLETA" de ROZALÉN no corredor do cole.

https://www.youtube.com/watch?v=ZibKi5BJs9w

23 de noviembre de 2018

APÓCEMA DA MEIGA LOLA

A Meiga Lola preparouse para elaborar unha 
APÓCEMA DA CALMA


 Antes de nada tivo que xuntar os seguintes INGREDIENTES:
- MISTURA DE FOLLAS VERDES
- MEXO DE GATO NEGRO
- POLVOS MÁXICOS


Hai que ir misturándoos con moito coidado 
repetindo as seguintes verbas:

"RABO DE BOI, RABO DE BESTA,
A APÓCEMA XA ESTÁ FEITA,
REMEXÉMOLA CON UNHA XESTA"




e sairanos unha APÓCEMA DA CALMA
que tranquilizará ata un bravo dragón


Logo debemos poñer un puntiño de apócema en cada meixela
e xa quedarás ben relaxad@ e tranquil@!!!








MOITAS GRAZAS MEIGA LOLA!!!!

VENDIMAMOS!!!

Xa que estamos na época da vendima

decidimos vendimar unhas uvas que nos agasallou unha familia

Primeiro limpamos as follas e lavamos os ACIOS DE UVAS


Logo metémolas nunha tina
para pisar cos nosos PÉS ben limpos









Logo deixamolo uns días na tina para que tivese lugar a FERMENTACIÓN

despois colámolo e quedounos o VINAGRE de VIÑO
 









Aquí podedes ver un vídeo co proceso da vendima "COMO FACER VIÑO"

LEVAMOS O XABÓN

Lembrades que o curso pasado coa axuda do profe Manuel fixemos xabón 
como facían os nosos avós e avoas?

Primeiro botamos as flores aromáticas no aceite reciclado 
(reutilizado de fritir patacas ou alimentos neutros) 
nun bote pechado
e deixámolo 10 días (axitando de cando en vez)
Resultado de imagen de aceite con flores

Despois botámolo nun saco de esparto ou tela  
e botámoslle auga quente (40ºC) 
para coalo nun caldeiro


Remexemos e botamos sosa cáustica e talco




Despois de deixar todos os ingredientes en repouso durante o verán para que solidificase
este curso levamos o noso produto á casa para poder disfrutalo con toda a familia!!!

Canto aprendemos e que ben o pasamos!!!!!

Aquí vos deixamos a RECEITA por se queredes facer na casa o XABÓN NATURAL:

* 3 litros de ACEITE RECICLADO
* 3 listros de AUGA QUENTE
* 450 gr. SOSA CAUSTICA
* 250 gr. TALCO