Mostrando entradas con la etiqueta maiores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta maiores. Mostrar todas las entradas

1 de junio de 2020

COIDEMOS DOS NOSOS MAIORES!!!

Sabedes que se celebra hoxe ?

O DÍA 1 DE XUÑO 

É O DÍA MUNDIA DAS NAIS E OS PAIS!!!

Aquí vaí o noso AGASALLO ESPECIAL 

para os nosos maiores,

que tanto coidan sempre de nós!!



OS MAIORES DA CASA GRANDE
 DE MASIDE
QUÉRENVOS  DAR AS GRAZAS 
POLO ÁNIMO E A FORZA 
QUE LLE TRANSMITIRON TODAS AS VOSAS MENSAXES E DEBUXOS!!!!





PROPOÑÉMOSVOS  para hoxe este ESCAPE HOME

PARA DISFRUTAR EN FAMILIA!!!



30 de abril de 2020

RETO 11; QUEREMOS AOS NOSOS MAIORES!!!

Nestes días os nosos maiores
están especialmente presentes na nosa vida.
Estamos moi preocupados por eles
E botámolos moitísimo de menos!!!

Botamos de menos as súas cancións,
as súas risas,
escoitar os seus contos e historias,
plantar con eles a horta
pasear polos montes e vilas...
Pero xa falta menos para vernos outra vez!!!

Aproveitando que onte 29 de abril  foi ó
DÍA DA INTERXENERACIONALIDADE
no cal sempre facemos algo especial cos maiores

Este ano queremos lembrarvos 
o importante que sodes para nós:

Porque nos ensinades con orgullo o valor da familia,
Porque fomentades valores como o cariño, a solidariedade e o respeto,
Porque nos transmitides ilusión pola vida,
Porque nos ensinades a disfrutar do día a día
Porque nos axudades sempre que a vida nos fai tropezar,
Porque nos aportades importantes coñecementos e experiencias para a vida,
Porque sempre tendes resposta para todo,
Porque sempre nos coidades dándonos todo o voso amor,
Porque sempre nos animades a conseguir os nosos soños.



PORQUE SÓLO TRABALLANDO XUNTOS, SUPERAREMOS TODO O QUE NOS PROPOÑAMOS!!

POR ISO ESTE RETO 
VOLO QUEREMOS ADICAR A VOS!!!

Queremos que todos os nosos maiores saibades
Que non estades solos,
Que vos botamos de menos,
Que vos queremos moito,
Que temos moitas ganas de vervos,
Que pronto rematará todo isto
E volveremos a visitarvos !!!

Debedes facer un debuxo para os maiores,
una carta, unha tarxeta de ánimo,
un vídeo, etc…
onde lles amosedes o moito que os queredes
e que así se sintan fortes e apoiados.





E as profes farémoslle chegar
a vosa mensaxe!!!

12 de marzo de 2020

CELEBRAMOS COS MAIORES O ENTERRO DA SARDIÑA

Os maiores da Casa Grande de Maside

durante as festas de ENTROIDO
prepararon unha sardiña para queimar
na celebración do ENTERRO DA SARDIÑA



Quixeron compartir connosco esta celebración
e viñeron  ata o cole preparados para despedir o entroido
ata o ano que ven
nun acto moi divertido!!!














9 de enero de 2019

Festival de Nadal 2018

Como xa sabedes, rematamos o primeiro trimestre de xeito moi especial:
Foron dous días de festa moi emocionantes, o primeio desprazámonos ata o Carballiño para actuar xunto co resto de alumnado de primaria para agasallar ás familias coa nosa panxoliña do Apalpador.
Ao día seguinte pequenos e maiores disfrutamos en Maside do maravilloso Belén, da  visita dos Reis Magos e dos nosos maiores, e como non, da bica con chocolate. Non poidemos ter mellor xeito de despedir o primeiro trimestre nin o 2018:




21 de junio de 2018

A FUNCIÓN FINAL DO CIRCO DAS CORES!!!

O pasado 6 de xuño tivo lugar a función do 
CIRCO DAS CORES
como remate do noso proxecto de traballo "O circo"

Contou con moit@s artistas do CPI Terras de Maside

Os pallasos da residencia de maiores Casa Grande de Maside


e familiares dunha alumnha do centro que estudian 

na ESCOLA DE CIRCO de Santiago de Compostela 

CIRCONOVE

  

Foi unha función moi divertida!!!


Os/as ACRÓBATAS de 3 anos fixeron uns saltos acrobáticos moi simpáticos





@s  MAIORETS de 4 anos participaron  coa famosa "Danza dos sete brincos"



A continuación actuou o famoso FUNAMBULISTA Víctor
Os PALLASOS de 5 anos sorprendéronnos coas súas bromas

Tivemos uns expresivos MIMOS  de 1º Primaria

e os FORTACHÓNS e FORTACHONAS máis famos@s do mundo enteiro 






 o alumnado de 2º Primaria conquistou os nosos corazóns cun divertido SWING


Divertímonos coa actuacións dos MALABARISTAS e PALLASOS

pero o noso ESPECIALISTA DO DIÁBOLO Isaac conseguiu os mellores aplausos 

e os PALLASOS da Casa Grande fixéronnos saltar á pista de baile

Rematamos cos estupendos ARTISTAS DA ESCOLA DE CIRCO de Santiago
CIRCONOVE


MOITÍSIMAS GRAZAS A TODOS OS ARTISTAS participantes  pola vosa ilusión e cariño
e a TODOS OS ASISTENTES polos vosos fortes aplausos!!!