Un blog para que tod@s os que o desexen coñezan o traballo que facemos en Educación Infantil no CPI Terras de Maside.
Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTO CEREBRO E CORPO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTO CEREBRO E CORPO. Mostrar todas las entradas
12 de noviembre de 2019
31 de octubre de 2019
XORNADA SAUDABLE
O pasado luns, 28 de outubro, como complemento ao proxecto que estamos traballando, "Cerebro e o corpo humano" os nen@s de infantil, primeiro e segundo de primaria fixemos unha xornada saudable no campo de fútbol "Outeiro Grande de Maside" coa finalidade de concienciarnos do importante que é o coidado do noso corpo para sentirnos ben.
Nada mais entrar, como uns profesionais, fixemos fotos de equipo....
Coñecemos as instalacións e materiais do campo de fútbol para despois distribuírnos en diferentes talleres de deporte.
Para quecer tod@s demos unhas voltas ao redor do campo de fútbol:
Seguidamente, disfrutamos dos diversos talleres:
Karts, partido de fútbol e xogo libre con materiais psicomotrices.
Descansamos un pouco e repuxemos enerxía con diversas froitas para concienciarnos do importante que é comer san.
Retomamos a actividade despois de repoñer enerxía!!!
Xa de volta, todos ledos marchamos para o cole con moitas ganas de comer despois de facer tanto exercicio.
QUE BEN O PASAMOS E CANTO DISFRUTAMOS!!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)