Mostrando entradas con la etiqueta celebracions. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta celebracions. Mostrar todas las entradas

17 de noviembre de 2016

Viva o Magosto!!!!!! - 2016

O xoves día 10 de novembro celebramos o Magosto no colexio. Fixemos moitas actividades.

Primeiro reciclamos unha botella de plástico, e convertémola nun orixinal "gardacastañas".



 

Logo practicamos un montón de xogos populares: encestacastañas, as chapas, os sacos e ó burro cargado de castañas.






Tamén vimos as nenas que participaron na exhibición de patinaxe




Despois fomos comer as castañas onda a cacharela e bailamos ó son dos gaiteiros!!



20 de mayo de 2016

OS MAIORES AXÚDANNOS A PLANTAR NA HORTA

O dia 29 de abril celebramos o Dia Europeo da Solidariedade Interxeneracional cunha visita moi especial!!


Os maiores da Casa Grande de Maside xuntos cos nenos e nenas reflexionamos sobre o que pensaban uns de outros, e as diferenzas da infancia en cada unha das épocas.

Viñeron ensinarnos a prantar as hortalizas na horta e no xardín de herbas aromáticas























Se picades neste enlace podedes ver mais fotos!!! 


No blog da horta podedes ver o reportaxe que nos fixeron os entrevistadores de Telemiño:



8 de abril de 2016

DÍA DA ÁRBORE

O pasado día 21 de marzo foi o DÍA DA ÁRBORE e no cole quixemos celebralo plantando unhas árbores  froitais no noso horto escolar.
A aula de 3 anos plantando unha LARANXEIRA


5º Infantil plantou un LIMOEIRO

A aula de 5 anos puxo unha PEREIRA


O primeiro foi traer as plantas dun VIVEIRO








Despois fixemos uns buratos para plantar...


 











Logo abonamos e tapamos ben as raíces...


Despois pisamos ben a terra 


E para rematar regamos todo ben





23 de febrero de 2016

CELEBRAMOS O ENTROIDO!!

O pasado venres 5 de febreiro disfrazámonos de ASTRONAUTAS


 e tivemos que desfilar diante dun XURADO que elexía aos mellores...que nervios!!!

Primeiro desfilou AULA DE 3 ANOS
























Aquí vai a AULA DE 4ANOS 

 E agora AULA 5 ANOS
 

  Estamos  tod@s guapísim@s...verdade?





A ver se atopades nestas fotos a XUMI, o noso amigo extraterrestre!!!