Mostrando entradas con la etiqueta cociña. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cociña. Mostrar todas las entradas

9 de enero de 2018

CUMPLES DE DECEMBRO CON RECEITA DE NADAL

En decembro realizamos un obradoiro de cociña para celebrar os cumpreanos do mes. Aproveitando que tíñamos o nadal tan próximo, fixemos unha árbore de nadal con masa de follado e marmelada de melocotón. Para elo, seguimos os seguintes pasos:

1.- Estiramos a masa de follado.


2.- Untamos a masa coa marmelada de melocotón.











3.- Cubrimos con outra masa de follado e cortamos coa forma que lle queremos dar.


4.- Enroscamos as ramas da árbore e recortamos diferentes figuras.


5.- Baixamos a elaboración ao comedor para metela no forno coa axuda do persoal da cociña.


6.- Celebramos e papamos!!!






1 de junio de 2017

DÍA DA INTERXENERACIONAL COS MAIORES E CON SÉS

O día 11 de maio celebramos o día interxeneracional 
cos maiores da residencia Casa Grande de Maside
e con..... SES!!!


Foi un día moi especial!!!

Celebrámolo cun obradoiro de cociña cos maiores no noso cole
elaboramos unhas brochetas de froita dirixidos polo profe Javier

















despois de cociñar fixémoslle un agasallo a Ses
un libro elaborado con debuxos feitos polos nen@s de Infantil 
e coas historias dos maiores da Casa Grande de Maside
Gustoulle mooito!!!


e dedicounos un par de cancións antes de marchar


Cantamos e emocionámonos  moito coas cancións de Sés

Aqui podedes ver uns vídeos desta artista galega





MOITAS GRAZAS SÉS 

POR ADICARNOS UN DÍA TAN ESPECIAL !!!


16 de mayo de 2017

Obradoiro de cociña

Hoxe cociñamos !

     Como todos os meses hoxe fixemos obradoiro de cociña 
para celebrar os aniversarios do mes de Abril.

Xuntámonos para preparar minicroissants.

 Primeiro cortamos a masa


Despois enrollamos os anaquiños.
 


E dímoslle forma
 


Por último levámolos ó forno.

Xa na aula cantámoslle o cumpleanos feliz os cativos que estaban de aniversario 
N e M  cumpliron 6 anos



Papámolo todo!!!

 


21 de abril de 2017

CUMPLES DO MES DE MARZO

Este mes elaboramos unhas TARTAS DE XELATINA para celebrar os cumples de E. de 3 anos, A. de 4 anos e N. de 5 anos


En primeiro lugar botamos medio litro de auga ben quente.



Despois disolvemos os dous sobres de xelatina na auga, e remexemos.



Por último botamos otro medio litro de auga fría e remexemos outra vez.



Logo metémolas na neveira do comedor a enfriar...e lista!!



Para decorar puxemos osiños de gominola



 Asi elaboramos unha tarta de xelatina cun sabor diferente: amorodo, limón e framboesa.

MOITAS FELICIDADES!!!

8 de febrero de 2017

ANIVERSARIOS DE XANEIRO

Mirade como celebramos os aniversarios de Xaneiro



 Elaboramos MOUSSE DE LIMÓN

Primero batemos a nata

 Logo engadímoslle leite,iogures e azucre
e seguimos batendo

Finalmente engadimos o zume de limón
e deixamos enfriar na nevera

 Non quedou nadiña!!