Mostrando entradas con la etiqueta dia da paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta dia da paz. Mostrar todas las entradas

7 de febrero de 2017

DÍA DA PAZ

O pasado luns 30 de xaneiro conmemorouse unha data moi especial
O DÍA DA PAZ
Para que ninguén se esquecese 
elaborouse un mural con pombas da paz
 











Logo entre todo o alumnado de
Infantil e Primaria fíxose un
ALFABETO DA PAZ con palabras ben bonitas!!

Mirade estas fotos!!


 










E ademais de todos esto tivemos un contacontos solidario a cargo de Anxo Moure






 

FELIZ DÍA DA PAZ!!

14 de febrero de 2014

DÍA DA PAZ 2014

O pasado 30 de xaneiro do 2014 celebramos o Día da Paz dunha maneira moi especial...os nenos e nenas de Ed. Infantil fixemos un precioso arco da vella con distintos símbolos da paz que traballamos na aula. 



Pola tarde decorados cunha nube de PAZ en distintos idiomas saimos todos/as os/as nenos/as do cole de Infantil, Primaria e Secundaria ata o patio para cantar estas cancións que nos lembran o importante que é traballar todos os días coa esperanza de conseguir a PAZ!!!!!





Aquí tendes os enlaces das cancións que ensaiamos para o Día da Paz!!
Juanes "Paz Paz Paz"

Diego Torres "Color Esperanza"

7 de febrero de 2013

O DÍA DA PAZ

O pasado 30 de xaneiro celebrouse o DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA.
Durante esa semana fixemos toda unha serie de actividades para conmemorar dito día.
Deixámosvos unhas letras que axuden á reflexión e que os nenos e nenas aprenderon para cantar todos xuntos. O máis importante e non esquecer que o día da paz deberían de ser todos os días do ano!!!!

"Cantemos collidos das mans este son: 
¡Que vivan a paz e o amor! 
Unamos os pobos sen odio e rancor: 
¡Que vivan a paz e o amor! 

Que todos os nenos levanten as mans 
que todos os nenos levanten a voz 
¡máis guerras non! 
¡máis odios non! 
¡que vivan a paz e o amor! 

Amigo de lonxe, ¿que importa o lugar? 
¡que vivan a paz e o amor! 
Xuntémonos todos. Cantemos en paz
¡que vivan a paz e o amor!"