Mostrando entradas con la etiqueta experiencias educativas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta experiencias educativas. Mostrar todas las entradas

6 de junio de 2017

FESTA DE XURXO E SABELA!!

O día 31 de maio XURXO e SABELA 
preparáronnos unha gran festa no cole de Padrenda- Crespos
coa axuda dos profes do cole de As Neves, Ramirás, Maside, Padrenda e Cortegada


Este ano o lema foi "Merca con sentido, come san"





Tivemos unha morea de obradoiros onde disfrutar...


A pirámide alimenticia

"Un supermercado moi natural"

"A nosa abella saúdable"

Maquillaxe

Obradoiro de psicomotricidade

"Pintamos con froitas e verduras"

  Contacontos con Balbina e o Polo Pepe

Tamén aprendemos algunhas cancións....



picade nestes enlaces para escoitalas...
 


 

GRAZAS POLA INVITACIÓN DE XURXO E SABELA!!!

26 de mayo de 2017

PRANTAMOS Á HORTA

Na primeira semana de maio iniciamos o noso traballo na horta
coa axuda de maiores e os do IES de Vilamarín


e logo plantamos os nosos sementeiros














Mir de que ben posta nos quedou!!

25 de abril de 2017

SAÍDA A PISCIFACTORÍA E A PRAZA DE ABASTOS

A PISCIFACTORÍA

O venres 7 de Abril fomos a ver á piscifactoría 
que hai no Carballiño



Primeiro ensináronnos onde medran os peixes e o pequeniños que son cando nacen.

    
     

Despois puidemos tocar unha troita


Fixemos un conxuro para poder pescar moito

 E.....puxémonos a pescar con unha rede 





 @s mais valentes pescaron coas mans.... Fixémolo moi ben!!!!


Para rematar xogamos ....e subimos nunha barca.


A PRAZA DE ABASTOS

Logo visitamos a PRAZA DE  ABASTOS de O Carballiño
-


Vimos de preto moitos peixes diferentes

 
   

 E mariscos, moi grandes!

Tamén atopamos moitos productos cárnicos, como as costelas para facer o cocido.



¨

Xogamos no espazo que teñen reservado para que os maìs pequenos podamos esperar mentras as nosas nais e pais mercan na praza.



Por último puidemos degustar uns churros, que estaban boisimos,mmmm. Viñéronnos moi ben para repoñer forzas!!!







MOITAS GRAZAS  Á CHURRERIA "DUCIAS", SOBRE TODO A JOSE, QUE NOS ATENDEU CON TANTA AMABILIDADE E AGASALLOUNOS CON ESTA MERENDOLA TAN SABOROSA.

Non deixedes  de visitala cando vaides mercar a praza.