Mostrando entradas con la etiqueta saidas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta saidas. Mostrar todas las entradas

3 de abril de 2018

ANTÓN COMODÓN

Hoxe fomos  en autobús ata o auditorio de Ourense
a ver o teatro de guiñol
"Antón Comodón"

Mirade este vídeo...xa veredes como vos gusta!!

25 de abril de 2017

SAÍDA A PISCIFACTORÍA E A PRAZA DE ABASTOS

A PISCIFACTORÍA

O venres 7 de Abril fomos a ver á piscifactoría 
que hai no Carballiño



Primeiro ensináronnos onde medran os peixes e o pequeniños que son cando nacen.

    
     

Despois puidemos tocar unha troita


Fixemos un conxuro para poder pescar moito

 E.....puxémonos a pescar con unha rede 





 @s mais valentes pescaron coas mans.... Fixémolo moi ben!!!!


Para rematar xogamos ....e subimos nunha barca.


A PRAZA DE ABASTOS

Logo visitamos a PRAZA DE  ABASTOS de O Carballiño
-


Vimos de preto moitos peixes diferentes

 
   

 E mariscos, moi grandes!

Tamén atopamos moitos productos cárnicos, como as costelas para facer o cocido.



¨

Xogamos no espazo que teñen reservado para que os maìs pequenos podamos esperar mentras as nosas nais e pais mercan na praza.



Por último puidemos degustar uns churros, que estaban boisimos,mmmm. Viñéronnos moi ben para repoñer forzas!!!







MOITAS GRAZAS  Á CHURRERIA "DUCIAS", SOBRE TODO A JOSE, QUE NOS ATENDEU CON TANTA AMABILIDADE E AGASALLOUNOS CON ESTA MERENDOLA TAN SABOROSA.

Non deixedes  de visitala cando vaides mercar a praza.






23 de febrero de 2016

VISITAMOS AS OVELLAS!!

Esta maña decidimos saír a visitar ás ovellas da finca de enfrente ao cole. Alí contamos ovellas e años, escoitámolas, miramos as súas cores ...











Vimos como este pequeno año perdeu a súa mami...

O reencontro foi precioso!!!


Que emoción...poderíamos botar toda a maña mirando ovellas!!!

20 de noviembre de 2015

SAÍDA DE OUTONO


Nada mais chegar o OUTONO saimos ao SOUTO enfrente do cole a recoller castañas, ourizos, piñas, paus...




















Logo no cole clasificamos os productos do OUTONO e colocámolo no recanto da
"Arbore das estacións"


27 de octubre de 2014

DE AQUÍ PARA ALÁ!

O pasado venres, viaxamos ata o Auditorio de Carballiño para participar no concerto "De aquí para alá" unha actividade promovida polo Equipo de Dinamización Lingüística do noso cole, na que participaron tamén outros centros.
No concerto fixemos un percorrido por distintos lugares do mundo acompañados por unha bolboreta, e fartamonos de cantar e bailar...vós tamén podedes animarvos!!!! Picade nos enlaces e poderedes cantar O TREN, WE WILL ROCK YOU ou DE AQUÍ PARA ALÁ... Mirade que ben o pasamos e que atentos!!!




Despois Lidia Botana (a artífice da representación) saudounos a tod@s!!!

 UN DIA XENIAL :)


20 de octubre de 2014

O NOSO SOUTO

Preto do noso cole hai un souto onde nos deixan explorar coa natureza.
Coa chegada do outono está cheíño de productos cos que coñecer máis esta estación do ano.
Aproveitando unhas raiolas de sol, alá fomos a investigar a ver que atopabamos...e...mirade cantas cousas!!!

O PRIMEIRO É OBSERVAR...

 MIRADE QUE TRONCO MÁIS GRANDE!!!

E POR ÚLTIMO...RECOLLER FOLLAS, OURIZOS, COGUMELOS E MOREAS DE CASTAÑAS!!!