20 de marzo de 2014

VISITA A EXPOSICIÓN DO NEOLÍTICO

Para  acceder a exposición fixemos dous grupos. Aprendimos moitas cousas e poidemos ver como vivían, os instrumentos que empregaban que sementes prantaban, os animais que había.









FOI MOI INTERESANTE.

SAÍMOS DE EXCURSIÓN

A SEMANA PASADA OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL FUMOS ATA OURENSE DE EXCURSIÓN.

VISITAMOS A PRAZA DE ABASTOS DE OURENSE

NA FLORERÍA MERCAMOS UNHA PRANTA PARA COIDAR NA AULA
















TAMÉN VIMOS OS PEIXES, AS LAMPREAS, OS MARISCOS,...ATE NOS REGALARON UNHAS SARDIÑAS



NOUTRO POSTO VENDÍAN  VERDURAS

MERCAMOS A MERENDA 

Nos postos do pan mercamos galletas, rosquillas e pan para merendar.



MERENDAMOS NAS BURGAS.

E DESPOIS DIMOS UN PEQUENO PASEIÑO








4 de marzo de 2014

DISFRACES MOI ORIXINAIS

O concurso de disfraces de Entroido foi todo un éxito, a cousa estivo moi complicada e o xurado non o tivo nada fácil.
Finalmente en Educación Infantil gañou a nosa compañeira de 3 anos, E.
Encantounos o seu disfraz!


 Todos estaban moi guapos...mirade unha pequena escolma e disfrutade!






¡Un día para lembrar!

 



AS AULAS DE ENTROIDO!

O venres 28 celebrouse no noso centro o Entroido. Tivemos xantar especial e todo...e cal vos parece que foi?? Pois un cocido de entroido claro!
Despois de xantar puxemos os nosos disfraces para non parar de bailar.
Agradecemos as familias que colaboraron no concurso coa confección dos seus traxes. E o resultado foi este que vedes.

Os peques de 3 anos todos guapos cos seus traxes "históricos"


Os de catro anos non quixeron ser menos cos seus disfraces!


E mirade que guapísimos os peques de 5 anos!



28 de febrero de 2014

FELIZ ANIVERSARIO!!!

Esta semana tivemos que adiantar a celebración dos aniversarios do mes de febreiro xa que hoxe é o desfile de entroido.
Fixemos unha receita fantástica que a todos lles encantou!!!Tortitas (Pancakes). Fixemolas na aula e despois todo o cole quedou arrecendendo a doce. Jijiji


E., S e K cumpriron  4 anos e disfrutaron moito coa receita. Tamén sopraron as candeas dous compañeiros da clase dos maiores que xa cumpriron 6 anos. Parabens!!!



Por certo, se vos apetece facer a receita na vosa casa anotade:
Para catro persoas:
- 2 vasos de fariña
- 2 vasos de leite
- 1 cullerada de azucre
- 1 culleriña de levadura
- Media culleriña de sal
- 1 ovo
- 1 cullerada de mantequilla

Batímolo todo xunto coa batidora e deixamolo repousar uns dez minutos. Despois engrasamos unha tixola ou pranxa e botámola cunha culler grande, co calor quedan cunha forma redondiña. Esperade que aparezan burbullas e dádelle a volta.
Están riquiiiiisimas!!!!!!!!
Bo proveito!!!!!!!!!

25 de febrero de 2014

VISITA DOS FELOS DE MASIDE

Hoxe tivemos unha visita moi pero que moi especial.
Viñeron ó cole Saro e Ivanka a explicarnos o traxe de entroido tradicional do concello de Maside. Tivemos uns modelos fantásticos,os nosos compañeiros Álex e Brais que foron moi pacientes para ensinarnos o disfraz.
Se queredes ser uns auténticos Felos tedes que levar un gorro con espellos e fotos, tamén unha camisa branca, pantalóns con axouxeres, un faxín dunha cor que  vos guste, quentadores con moitas cores e de xeito opcional facédevos cun cabalo!!!
Se queredes ver os Felos de Maside o domingo de entroido sairán  do Pozo do Lago ás 10h farán un percorrido por Maside- San Fiz- A Touza- Louredo- Garabás para voltar a Maside e o Pozo do Lago.
Parece que este Entroido vai a ser xenial...e eso que aínda acaba de comezar!!!!
¡QUE VIVA O ENTROIDO E.... QUE VIVA MASIDE!





DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Onte día 24 de febreiro celebrouse o aniversario do nacemento da nosa Rosalía de Castro.
Os nenos e nenas de Educación Infantil fixemos unha serie de actividades para celebralo. Tamén podedes atopar actividades doutros cursos no blogue do Equipo de Normalización Lingüística do noso cole,mollate coa lingua
 A ver si vos gustan!!!