1 de abril de 2014

Aniversarios de Marzo

Celebramos os aniversarios do mes de MARZO

O Pasado Venres día 28 de Marzo celebramos os aniversarios dos nenos que cumpliron neste mes.

Para elo fixemos un obradoiro de cociña no que empregamos un robot de cociña. Preparamos crema de cacao. Puxemos os ingredentes: chocolate fondant, branco e con leite, azucre, leite, avelas e aceite. Prememos o botón, e a remexer!!



 


Unha vez rematado, todos o quixemos probar....

Estaba boísimo. Para chupar os dedos!!!





.

E cantámoslle o "cumpleanos feliz" a E. que era o único que cumplía 4 anos. Que maior!!

Día mundial da auga

DÍA MUNDIAL DA AUGA

Con motivo da celebración do día mundial da auga visitaronnos no colexio algúns miembros da CRUZ VERMELLA.

Nos falaron  da importancia da auga para vivir e a necesidade de coidala e usala con "cabeciña" e non malgastala.

 Os nenos-as de 3 anos saímos con eles e nunha botella pequena collimos un pouco de terra, eles engadironlle auga, mentras traballaban na biblioteca os maiores



 Despois nos ensinaron como podemosfacer unha DEPURADORA para poder limpar a auga

1º Poñemos algodón na botella que imos empregar como depuradora

2º Poñemos unhas cantas pedriñas

 3ºPoñemos un chisco de area

 4ºEngadimos un pouco de carbón

 5º Poñemos unhas gasas ( das de limpar as feridas)

 6º Vertemos a auga e.....esperamos a que esta saia  


 

 

 

 

Animádevos e facelo na casa!!!

28 de marzo de 2014

Visita dos alumnado de 2º curso

Visita dos nenos e nenas de 2º 

Este mércores os nenos-as de 2º fixeronos unha visita a todos os de infantil.

Contáronnos un conto moi divertido

     Cada neno-a de 2º contoulle o conto a un neno-a de infantil. Todos    estiveron moi atentos                                  
 





Todos o fixeron moi ben!!!


Xabón natural

     O "profe" Manuel ensinounos o xabón que o seu pai fixo na casa. Explicounos como o fixeron e tamén que lle engadiron aloe-vera para que tivera un mellor olor.





25 de marzo de 2014

ENCHEMOS A NOSA COVA DE PINTURAS RUPESTRES!!!