30 de mayo de 2014

CONVIVENCIA DE INFANTIL 2014

Como todos os anos tivemos a nosa convivencia de infantil na que compartimos todo un día enteiro con nenos e nenas dos coles de Cortegada, As Neves e Padrenda, a nosa temática deste ano foi A FEIRA.  Aqui tedes algunhas fotos dese día tan especial para nos.






No cole de Cortegada



Cada cole nos preparou unha actividade e ibamos por grupo de cores visitando cada un destes talleres.



Pintamos panos de cores, e coñecimos maís dos animais da granxa,ata nos vestimos de animais.


  

Aqui estamos un taller de degustación de productos da feira, comimos bica, empanada, pan, queixo.... e tamén fixemos o noso polvo a feira.








 

Aqui estamos comendo para recobrar enerxía







 


Todos xuntos



















15 de mayo de 2014

ANIVESARIOS MES DE ABRIL

O pasado día 25 de Abril celebramos os cumples dos nenos/as deste mes.
Soplaron as velas do cumple M. e M. que fixeron 4 anos, N. que fixo 5 e J.C. e C. que fixeron 6 anos.
Que maiores se van facendo!!!
Para festexalos fixemos unha riquísima marmelada de amorodos.Saíunos de maravilla e non sobrou nadiña..jejeje
Aquí tedes unhas fotiños desta gran celebración:

Comezamos escoitando a receita desta marmelada e os ingredientes que empregamos,



Aqui temos os cumpleañeiros soplando as velas e cantamoslles a cantiga do cumpleanos:

Logo deste momento tan especial para eles, comezamos a comer con barquillos e galletas a marmelada tan rica que nos saíu..


Todos pasamolo moi ben e disfrutamos desta festa.
MOITAS FELICIDADES PARA ESTES CATIVOS/AS!!!

 

8 de mayo de 2014










E así rematamos o día tan especial de pascua...cunha sesión de contacontos.. Na biblio esparabamos con moitas ganas o comezo do conto do "Home do saco".. Que risas houbo!! O día foi xenial..aquí tedes unhas fotos para que vexades o ben que o pasamos:

5 de mayo de 2014

DIA DE PASCUA E CONTACONTOS

O PASADO 11 DE ABRIL PASAMOS UN DÍA MOI DIVERTIDO XA QUE FIXEMOS XOGOS PARA ATOPAR OS OVOS DE PASCUA QUE ESTABAN ESCONDIDOS POR DISTINTOS LUGARES DO NOSO COLE... TIÑAMOS QUE ATOPALOS SEGUINDO UNHA SERIE DE PISTAS QUE NOS LEVABAN A ELES.. AQUÍ TEDES ALGUNHAS FOTOS PARA QUE VEXADES O BEN QUE O PASAMOS!!!!

1 de abril de 2014

Aniversarios de Marzo

Celebramos os aniversarios do mes de MARZO

O Pasado Venres día 28 de Marzo celebramos os aniversarios dos nenos que cumpliron neste mes.

Para elo fixemos un obradoiro de cociña no que empregamos un robot de cociña. Preparamos crema de cacao. Puxemos os ingredentes: chocolate fondant, branco e con leite, azucre, leite, avelas e aceite. Prememos o botón, e a remexer!!



 


Unha vez rematado, todos o quixemos probar....

Estaba boísimo. Para chupar os dedos!!!





.

E cantámoslle o "cumpleanos feliz" a E. que era o único que cumplía 4 anos. Que maior!!

Día mundial da auga

DÍA MUNDIAL DA AUGA

Con motivo da celebración do día mundial da auga visitaronnos no colexio algúns miembros da CRUZ VERMELLA.

Nos falaron  da importancia da auga para vivir e a necesidade de coidala e usala con "cabeciña" e non malgastala.

 Os nenos-as de 3 anos saímos con eles e nunha botella pequena collimos un pouco de terra, eles engadironlle auga, mentras traballaban na biblioteca os maiores



 Despois nos ensinaron como podemosfacer unha DEPURADORA para poder limpar a auga

1º Poñemos algodón na botella que imos empregar como depuradora

2º Poñemos unhas cantas pedriñas

 3ºPoñemos un chisco de area

 4ºEngadimos un pouco de carbón

 5º Poñemos unhas gasas ( das de limpar as feridas)

 6º Vertemos a auga e.....esperamos a que esta saia  


 

 

 

 

Animádevos e facelo na casa!!!