19 de enero de 2015

CÓNTAME UN CONTO

Fai uns días tivemos a sorte de ir á biblioteca de infantil e...sorpresa!!!Ali nos estaban esperando para unha sesión de contacontos moi divertida.
Rimos moito por que nos encanta que nos veñan a contar historias novas e divertidas. Aproveitamos para dicirvos que os nosos pequenos encántalle que lle contedes contos na casa, asi que...xa sabedes!!!Sempre é bo momento para ler e imaxinar novas aventuras.


12 de enero de 2015

FESTIVAL DE NADAL

Para pechar o primeiro trimestre, os nenos e nenas de Educación Infantil fixemos unha actuación no Festival de Nadal, que este ano se celebrou grazas a boa vontade dos membros do  IES nº1 do Carballiño que nos prestaron as súas instalacións.
Interpretamos a panxoliña "O Tempo do Nadal" que a todos lles gustou moito.


Premede neste video e veredes que actuación!!!


8 de enero de 2015

Día do troco

DÍA  DO  TROCO

No colexio antes das vacacións do Nadal fixemos un troco de xoguetes.

 Tod@s participamos e trocamos os nos@s xoguetes e despois fumos o patio cos novos xoguetes. 

 

 

 

 

Pasámolo moi ben.





9 de diciembre de 2014

FELIZ ANIVERSARIO!!!

A semana pasado celebramos os aniversarios dos meses de novembro e decembro, xa que as vacacións logo veñen aproveitamos para facer unha celebración conxunta.
Desta vez, e para despedir (case) o Outono fixemos un biscoito con froitos secos, e demos boa conta del!!!
Despois os nenos de 5 anos apagaron as súas candeas e U. de catro anos fixo o propio. Como Q. de 3 anos non estivo o día que celebramos o seu cumple en outubro  lle deixamos que apagara as súas candeas, aqui non queda nadie sen festa!!! Mirade que guapiñ@s estaban!!!






14 de noviembre de 2014

O NOSO MAGOSTO!!!

O  día do magosto pasámolo xenial. Comezamos a mañá facendo un "Photocall" moi axeitado co día, despois seguimos facendo actividades para dar paso a un xantar popular con chourizo, empanada, bica e ata chocolate...e por suposto castañas!!!
Tras a enchenta a xogar!!!!!!!! No cole de maside encántannos os xogos populares, e eso que as condicións metereolóxicas non nos acompañaron moito...
Disfrutade da reportaxe!








10 de noviembre de 2014

SAMAÍN NO COLE!

Pois o prometido é débeda!!!!Aí van algunhas fotos das actividades que fixemos durante o Samaín...Terrorífico!!!!!!!!!






5 de noviembre de 2014

CONCURSO DE CABAZAS

Como todos os anos polo Samaín, convocouse un premio para as cabazas máis divertidas e orixinais. Este ano aquí están os premiados!!!
Non vos perdades a nosa festa de Samaín en próximas entradas!!!!
Que meeeeeeeeeeedoooooooooooooo!!!!
O noso gañador de infantil estaba guapísimo. Noraboa para Q. da aula de 3 anos.