9 de junio de 2015

OS NOSOS CUMPLES

Aquí tendes a celebración dos cumples do mes de MAIO

Esta vez botamos un ingrediente moi especial no noso biscoito de aniversario.....PIPAS!!!


 Este mes celebramos que S. e M. cumpliron 4 anos e R. e A.os 6 anos


Quedounos boísimooo o biscoito de pipas!!











No mes de MARZO celebramos os cumples de D. e D. da aula de 3 anos, S.,  K e E. de 4 anos e A. de 5 anos cunha torta de galletas con chocolate.


No pasado mes de FEBREIRO celebramos os de N. de 4 anos e  D. e E. de 5 anos

8 de junio de 2015

PROXECTO XIRASOIS

Neste trimestre iniciamos un novo proxecto de traballo nas aulas de Educación Infantil...PROXECTO "OS XIRASOIS"
Iniciamos este proxecto xa que apareceu un anaco de xirasol xigante na nosa aula  e uns sobres con sementes




O primeiro que fixemos foi preparar uns semilleiros para que medraran quentiñas no invernadoiro







 Despois regamos as sementes e puxemos un cartel onde plantamos OS XIRASOIS






Tamén enviamos unha carta ás nosas familias na que lle pediamos axuda para atopar información sobre como son os xirasois, como plantalos, como coidalos...


5 de junio de 2015

VERMES DE SEDA

Estes días estamos coidando duns amiguiños ben pequeniños....uns vermes de seda!!!

Viñeron visitarnos uns artesáns a explicarnos como son os casulos dos vermes


e como se saca a seda deles


Ata puidemos tocar distintos tipos de seda...foi xenial!!



4 de junio de 2015

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O pasado 15 de maio tivo lugar no CPI Terras de Maside a xornada de portas abertas na que participou toda a comunidade educativa: alumnado, profesorado e familias!




Disfrutamos dun obradoiro de reciclaxe a cargo da Cruz Vermella

     

Practicamos xogos populares como as chapas, encesta castañas, turra da corda...
e por último bailamos  tod@s no ZUMBATOON




Despois de tanta festa mirade que ben comemos!!!


3 de junio de 2015

VISITA DOS MAIORES DA RESIDENCIA DE MASIDE


Como nos gusta tanto coidar do noso horto escolar ecolóxico este ano decidimos plantar amorodos e millo...mirade que ben o pasamos!!









Os maiores da Residencia Casa Grande de Maside viñeron visitarnos para axudar coa nosa plantación !!


CUMPLES DE ABRIL

No mes de abril preparamos unha tarta para celebrar o cumple de M. de 5 anos e Y. e  N. de 6 anos


Coma sempre o biscoito tivo moito éxito e non quedou nin unha migalla.

PARABENS!!!!!!

17 de marzo de 2015

O NOSO DESFILE DO ENTROIDO!!

Chegou o entroido ao CPI TERRAS DE MASIDE

Como estamos traballando o proxecto dos pitiños decidimos formar esta divertida granxa!!!





Os nenos de 4º de infantil foron os coidadores da nosa granxa e por iso viñeron disfrazados de granxeiros e granxeiras cos seus tractores!!!


Pero.... a quen tiñan que coidar???....a uns guapísim@s pitiñ@s de 4 e 5 anos!!!!