O pasado 26 de maio tivo lugar a IV CONVIVENCIA DE XURXO E SABELA na que participou alumnado de Ed. Infantil destes colexios
CEIP Otero Novas (Cortegada)
CEIP Marquesa do Pazo da Mercé (As Neves)
CPI Padrenda (Crespos)
e por suposto....CPI Terras de Maside!!
Este ano as nosas mascotas Xurxo e Sabela decidiron ensinarnos o que era un horto ecolóxico!!
e sabedes onde atoparon un?..... no noso cole!!
mmm...que nervios...a festa de Xurxo e Sabela no CPI Terras de Maside!
Coñecemos apeiros de labranza coas profes do cole de As Neves
Preparamos varias manualidades coas mestras do cole de Padrenda...dende un espantallo ata un sementeiro
Maquillámonos con froitos da horta
Coidamos coas profes de Maside unha verdadeira horta ecolóxica!!
Visitounos un mago moi peculiar e da súa aprendiz do cole de Cortegada
Ata subimos aos tractores que nos emprestaron o avó de Lucía e o pai de Lucas da clase de 4 anos
Mirade como bailamos con Xurxo e Sabela!!!
Foi unha festa mooooooi divertida!!!