O mércores día 11 de Novembro, celebramos o magosto. Foi un día con moitas actividades e sorpresas.......
POLA MAÑÁ:
Recibimos unha visita moi especial: Os maiores da Residencia "Casa Grande".
Viñeron a ensinarnos "xogos tradicionais": o aro, o truco, os bolos, tragacastañas, a chave e a petanca. Aquí temos unha mostra do ben que o fixeron.
Os nenos e nenas de infantil atenderon ás súas explicacións con moito interese....
Despois puxeron en práctica o aprendido. Qué divertido!!!.
Despois dos xogos démoslle unha homenaxe moi merecida aos maiores de "Casa Grande".
Puxemos un vídeo sobre a evolución do noso horto escolar, no que eles colaboran durante o verán. Ademáis quixemos ter unha pequena mostra de agradecimiento cunhas medallas para darlles as grazas pola súa colaboración e atención.
Rematamos cun riquísimo pan de millo. Moitas grazas!!!!!.
POLA TARDE:
Máis xogos e riquísimas castañas......